DECRETO 182/2016, do 9 de decembro, polo que se aproba o cambio de titularidade de todo o dominio público da estrada OU-223 (OU-902-estación do Irixo), desde o p.q. 0+000 ao 1+010, a prol do Concello do Irixo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou tramos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou tramos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, tramos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello do Irixo solicita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade da estrada OU-223 (OU-902-estación do Irixo), que discorre na súa totalidade (p.q. 0+000-1+010) polo termo municipal e ten unha lonxitude de 0,97 km.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade de todo o dominio público correspondente á estrada OU-223 (OU-902-estación do Irixo) cunha lonxitude de 0,97 km (p.q. 0+000-1+010), a prol do Concello do Irixo.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de decembro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello do Irixo:

– Todo o dominio público da OU-223 (OU-902-estación do Irixo) de lonxitude 0,97 km (p.q. 0+000-1+010).

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello do Irixo deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR