DECRETO 191/2016, do 15 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, punto quilométrico 2+176-3+740, no concello de Cabana de Bergantiños (clave AC/16/053.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

O 15 de setembro de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 176) o Anuncio do 6 de setembro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito: Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740, de clave AC/16/053.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e tras a análise das certificacións presentadas, o 7 de decembro de 2016 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito: Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740, de clave AC/16/053.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a execución dunha senda compartida peón-bici que percorre desde o límite de Ponteceso, no río Anllóns, ata o paseo marítimo de Laxe; coa finalidade de desenvolver unha solución óptima para solventar as necesidades apreciadas, fomentar a mobilidade sustentable e incrementar a seguridade viaria da zona.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR