DECRETO 25/2018, do 22 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

De conformidade co disposto no artigo 27.21 do Estatuto de autonomía, a Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída a competencia exclusiva en materia de promoción e ordenación do turismo no seu ámbito territorial.

O día 20 de febreiro de 2001 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 36 o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. Conforme a disposición transitoria primeira e a disposición derrogatoria única da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, a regulación das axencias de viaxes contida no dito decreto mantén a súa vixencia, no que non se opoña ao sinalado naquela lei, en canto non se desenvolva regulamentariamente esta.

Unha das súas actividades propias das axencias de viaxes é a relativa á organización e venda das denominadas «viaxes combinadas», tal e como se desprende do artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, e do artigo 3 do decreto citado.

En materia de viaxes combinadas, e no marco do Proxecto piloto 6617/14/JUST, a Comisión Europea formulou diversas cuestións en relación coa incompatibilidade da transposición española do artigo 7 da Directiva 90/314/CEE do Consello, do 13 de xuño de 1990, relativa ás viaxes combinadas, ás vacacións combinadas e aos circuítos combinados. Conforme o dito precepto, o organizador e/ou retallista que sexan parte no contrato facilitarán probas suficientes de que, en caso de insolvencia ou de quebra, quedarán garantidos o reembolso dos fondos depositados e a repatriación do consumidor.

Co fin de dar cumprimento ao manifestado pola Comisión Europea, mediante a Lei 15/2015, do 2 de xullo, da xurisdición voluntaria, modificouse o artigo 163 do texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro.

Unha vez modificado o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias, procede modificar o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, co obxecto de adecualo á nova redacción do artigo 163 do dito texto refundido e ás exixencias que impón a normativa comunitaria en materia de protección fronte á insolvencia de organizadores...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR