DECRETO 27/2018, do 22 de febreiro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de alargamento e mellora da PO-230, punto quilométrico 12+630-14+430, coa clave PO/16/109.10, no concello de Cerdedo-Cotobade.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 27 de novembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 225) o Anuncio do 13 de novembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de alargamento e mellora da PO-230, punto quilométrico 12+630-14+430, coa clave PO/16/109.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos certificados e informes presentados, o 19 de febreiro de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de alargamento e mellora da PO-230, p.q. 12+630-14+430, coa clave PO/16/109.10.

Este proxecto de construción ten por obxecto mellorar a seguridade viaria e a calidade de vida dos cidadáns, cun importante efecto positivo sobre o medio socioeconómico e humano. Todo isto debido a que a estrada PO-230 discorre a media encosta, con pendentes elevadas no inicio do treito e pendentes suaves ao final do treito de estudo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR