DECRETO 28/2018, do 22 de febreiro, polo que se aproba o cambio de titularidade da travesía interior de Redondela (antiga N-550) e os seus ramais de enlace coa estrada N-550, a prol do Concello de Redondela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón, no artigo 9.7, que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Redondela solicítalle á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade da travesía interior de Redondela (antiga N-550). Este treito de estrada consiste nun treito antigo da actual estrada N-550 (coa cal conecta por ambos os extremos, ao norte e ao sur), xurdido como resultado da construción dunha variante desta estrada nacional no núcleo de Redondela. Ten un carácter eminentemente urbano, constituíndo unha auténtica rúa do núcleo urbano de Redondela, acoutada polas edificacións e con múltiples accesos a rueiros secundarios.

Esta travesía interior de Redondela (antiga N-550) foi transferida do Estado á Xunta de Galicia mediante o Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade da travesía interior de Redondela (antiga N-550) e os seus ramais de enlace coa estrada N-550, a prol do Concello de Redondela.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de febreiro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de Redondela:

– Travesía interior de Redondela (antiga N-550) e os seus ramais de enlace coa estrada N-550.

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Redondela deberá...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR