DECRETO 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, estableceron, respectivamente, a estrutura orgánica da Administración autonómica e dos seus departamentos estruturándoos nas secretarías xerais técnicas, direccións xerais ou órganos de igual categoría necesarios para o cumprimento dos fins que a nova estrutura comporta e adscribíndolles as entidades instrumentais correspondentes.

O artigo 2 do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, fixou a estrutura orgánica básica da Consellería de Facenda. Nela créase un novo centro directivo: a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, que asume as competencias das extintas dirección xerais de Política Financeira e Tesouro e de Proxectos e Fondos Europeos. Así mesmo, adscríbese á Consellería o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola disposición derradeira segunda da Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración, que modifica a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

O vixente Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, sufriu xa varias modificacións desde a súa entrada en vigor, a través do Decreto 72/2015, do 7 de maio, e do Decreto 164/2015, do 13 de novembro. Procede, por tanto, elaborar un texto único que recolla os cambios normativos descritos e estableza de modo claro a estrutura interna da nova Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Así mesmo, introdúcense outras modificacións puntuais, co obxecto de promover unha actuación administrativa máis eficaz. Estas modificacións céntranse na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, na cal se reforzan os medios persoais e materiais dedicados á desenvolver o control financeiro permanente sobre o Sistema Público de Saúde de Galicia, para mellorar o seguimento da súa actividade económica, de xeito que sexa posible propoñer medidas de mellora que permitan optimizar a toma de decisións dos xestores que contribúa á sustentabilidade do sistema sanitario público. Así, créanse novos equipos de control en cada unha das áreas de xestión integrada coordinados pola Intervención Xeral. O obxectivo perseguido é avanzar cara a un modelo de control financeiro de ciclo continuo que priorice nos seus obxectivos os principios de eficacia e eficiencia sen esquecer o principio de legalidade tradicionalmente atendido.

Por outra parte, tamén se modifica o Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproban os seus estatutos. As modificacións diríxense a redistribuír e concretar funcións no ámbito dalgúns dos seus centros directivos para reforzar e garantir un idóneo desenvolvemento e execución das actuacións que lle son propias, o que, necesariamente, implica a modificación do citado decreto.

Concretamente, créase unha nova Área de Coordinación, Xestión Económica e Asuntos Xerais, que englobará dentro dela os actuais departamentos de Recursos Humanos e Réxime Interior, Xestión Económico-Financeira, Orzamentaria e Contable; e de Auditoría e Calidade; este último asumirá as funcións do Departamento de Análise da Información, que se suprime. Con isto lógrase que queden baixo unha soa dirección os departamentos que desenvolven funcións transversais ás distintas áreas tributarias, así como aqueles que teñen entre as súas funcións a organización interna da Atriga, o que redundará nunha maior coordinación e eficacia.

Tamén se crea un novo Departamento de Planificación do Control Tributario, que, dependente da Área de Inspección Tributaria, que se encargará de planificar o control tributario mediante a elaboración da proposta do plan de control, así como a súa execución na fase de selección de actuacións que vaian desenvolver as diferentes áreas competenciais da Atriga, coa finalidade de coordinar toda a información dispoñible para a adecuada detección das áreas de risco e a mellora da eficiencia na loita contra a fraude fiscal.

A estrutura orgánica que aproba este decreto está amparada pola competencia exclusiva que os artigos 148.1.1ª da Constitución española e 27.1 do Estatuto de autonomía de Galicia atribúen á Comunidade Autónoma galega para organizar as súas institucións de autogoberno e atende aos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación que, de conformidade co disposto no artigo 103.1. da Constitución española, deben presidir a actuación administrativa.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Facenda, no exercicio das facultades outorgadas polo artigo 34.4 da Lei 1/1983, do 22 de febrero, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, cos preceptivos informes favorables e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil dezasete

DISPOÑO:

TÍTULO I

Organización xeral

Artigo 1 Ámbito competencial

A Consellería de Facenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a que corresponden as competencias e funcións que en materia de facenda se establecen no Estatuto de autonomía, así como a coordinación en materia de contratación pública e de función pública, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 2 Estrutura da Consellería
  1. Para o desempeño das súas funcións, a Consellería de Facenda estrutúrase nos seguintes órganos:

    – Conselleira/o.

    – Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

    – Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    – Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

    – Dirección Xeral de Política Financeira,Tesouro e Fondos Europeos.

    – Dirección Xeral da Función Pública.

    – Órganos colexiados.

  2. Adscríbense á Consellería de Facenda as seguintes entidades:

    – Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo que se axustará, en canto aos seus fins, estrutura e funcionamento, ao previsto na Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e ás normas que a desenvolven.

    – Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), ente de dereito público creado pola disposición adicional quinta da Lei 2/1998, do 8 de abril.

    – Axencia Tributaria de Galicia, axencia pública autonómica creada polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro.

    – Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.

  3. Adscritos á Consellería existirán os órganos colexiados seguintes:

    1. A Xunta Superior de Facenda, creada coa denominación de Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia pola Lei 13/1991, do 9 de decembro, e regulada polo Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, que modificou a súa denominación en virtude do exposto na disposición adicional primeira da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. O Consello Galego de Estatística, creado pola Lei 9/1988, do 19 de xullo.

    3. A Comisión Orzamentaria da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, creada polo Decreto 206/1996, do 24 de maio.

    4. A Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios, regulada no Decreto 139/2012, do 29 de xuño.

    5. A Comisión de Nóminas, creada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de marzo de 2000.

    6. A Comisión de Seguimento e Control do Gasto Corrente, creada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2000.

    7. A Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, creada pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e regulada no artigo 18 da Lei 2/2016, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 156/1988, do 9 de xuño.

    8. O Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega, creado polo Decreto 143/2008, do 3 de xullo.

    9. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración, que modifica a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

    TÍTULO II

    Servizos centrais

    CAPÍTULO I

Artigo 3 A conselleira ou conselleiro

A conselleira ou o conselleiro é a autoridade superior da Consellería e con tal carácter está investida/o das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO II

Sección 1ª. A Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Artigo 4 Competencias

Á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, correspóndenlle as competencias seguintes:

– As establecidas no Decreto 119/1982, do 5 do outubro, así como o exercicio daquelas que lle sexan delegadas pola persoa titular da Consellería.

– A presidencia da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no Decreto 237/2007, do 5 de decembro, polo que se crea a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a súa composición e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR