DECRETO 37/2017, do 6 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

O Decreto 146/2016, do 13 de novembro, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, tendo en conta o bo funcionamento e os resultados acadados pola arquitectura organizativa definida no ano 2015, motivo polo que deseña un marco de estabilidade no que á estrutura da Xunta de Galicia se refire.

Esta nova dimensión organizativa reflíctese no Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o cal, no seu artigo 4, regula a estrutura da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Adaptada no ano 2015 a súa estrutura co fin de contribuír decisivamente a unha nova etapa de crecemento e desenvolvemento económico da nosa comunidade autónoma, a nova organización da Consellería de Infraestruturas e Vivenda aposta, por un lado, por profundar nunha maior racionalidade e eficacia no desenvolvemento competencial e de xestión das funcións que ten atribuídas, e por outro, por desenvolver os criterios de mellora continua e de colaboración dentro do sector público, reflectidos na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, na actividade desta, para facer máis áxil e eficiente a xestión administrativa.

Dende un punto de vista funcional, cómpre destacar a nova organización que se efectúa na Secretaría Xeral Técnica onde se regulan dous novos órganos dependentes desta como consecuencia dos ámbitos funcionais atribuídos á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, en materia de transparencia e desenvolvemento da Administración electrónica, así como en materia de estradas. Así mesmo, tamén se recolle unha nova reordenación funcional no seo da Dirección Xeral de Mobilidade para, por un lado, adaptarse aos cambios introducidos pola Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, e na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación neste ámbito material, e, doutro, acadar unha maior axilidade na xestión administrativa.

Por outra banda, na disposición derradeira primeira lévase a cabo unha profunda reorganización da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de adaptar a súa estrutura e funcións ás novas tarefas que nos últimos tempos son obxecto de encomenda polos distintos departamentos da Xunta de Galicia. Así, máis concretamente, ademais de redefinir as funcións das áreas da Axencia para dar cabida ás novas funcións que esta asume en materia de obras de edificación, créase o Servizo de Obra de Edificación e o Servizo de Contratación, o cal permitirá mellorar a tramitación dos expedientes contractuais competencia desta entidade, ao mesmo tempo que satisfacer de maneira eficiente as encomendas que se efectúen en materia de obra de edificación.

Finalmente, polo que se refire á estrutura da Administración periférica, o presente decreto recolle o modelo organizativo previsto no Decreto 245/2009, do 30 de abril, de tal forma que, en aplicación dos principios de racionalidade e eficacia, o Departamento Territorial de Pontevedra estende a súa competencia a todo o ámbito provincial, sen prexuízo das funcións de coordinación que lles corresponden aos/ás delegados/as territoriais de Pontevedra e Vigo no seu respectivo ámbito competencial, consonte o artigo 2 da norma citada.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de abril de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

TÍTULO IÁmbito competencial e organización xeral da consellería

Artigo 1 Ámbito competencial

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de infraestruturas, mobilidade e vivenda, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

Artigo 2 Estrutura da consellería

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, baixo a superior dirección do/a seu/súa titular, contará para o exercicio das súas competencias cos seguintes órganos superiores e de dirección:

  1. O/a conselleiro/a.

  2. A Secretaría Xeral Técnica.

  3. A Dirección Xeral de Mobilidade

Artigo 3 Organismos, entes e órganos adscritos á Consellería de Infraestruturas e Vivenda
  1. Quedan adscritos a esta consellería, en virtude do disposto no artigo 4 do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, os seguintes organismos e entes:

    1. A Axencia Galega de Infraestruturas, creada, en virtude da autorización prevista na disposición adicional cuarta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o seu estatuto.

    2. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, creado pola Lei 3/1998, do 27 de abril.

    3. O Xurado de Expropiación de Galicia regulado pola Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e cuxo Regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

  2. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Infraestruturas e Vivenda co carácter, misión e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

    1. O Consello Galego de Transportes regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo.

    2. O Comité Asesor de Habitabilidade regulado pola Orde do 12 de xaneiro de 2011.

    TÍTULO IIServizos centrais

    CAPÍTULO I

Artigo 4 O/a conselleiro/a

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Así mesmo, sen prexuízo das competencias e funcións atribuídas á persoa titular da consellería pola normativa vixente no seu sector de actividade administrativa, corresponderanlle especificamente as seguintes atribucións :

  1. Aquelas competencias que lle atribúan regulamentariamente á Administración titular da rede no procedemento de tramitación dos plans sectoriais de estradas e das súas modificacións .

  2. Acordar con outras administracións cambios na titularidade das estradas.

  3. Resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informe das administracións afectadas.

  4. Aprobar definitivamente os estudos informativos ou, de ser o caso, os anteproxectos ou proxectos que asuman a súa función segundo o previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

  5. Emitir informe sobre as propostas de redacción, revisión ou modificación de instrumentos de planeamento que afecten as estradas existentes ou as actuacións previstas nos plans de estradas vixentes.

  6. Establecer medidas ou procedementos compensatorios que, nos tramos das estradas onde se estableza un pagamento de peaxe ou taxa polo seu uso, veñan reducir ou anular o pago directo polas persoas usuarias.

  7. Aprobar o establecemento de contribucións especiais.

  8. Aprobar a redución excepcional das distancias establecidas con carácter xeral para a liña límite de edificación.

  9. O exercicio das facultades que o ordenamento xurídico lle atribúe a Administración expropiante en materia de expropiación forzosa.

CAPÍTULO IIDa Secretaría Xeral Técnica

Sección 1ª. Da Secretaría Xeral Técnica

Artigo 5 Atribucións

A Secretaría Xeral Técnica exercerá as funcións e competencias establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e demais normativa aplicable, en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a consellería, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable ou mesmo as que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da consellería.

Artigo 6 Estrutura
  1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

    1. Vicesecretaría Xeral.

    2. Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

    3. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo.

    4. Servizo de Apoio Técnico.

  2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica e a Intervención Delegada que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

    A Asesoría Xurídica que se rexerá polo disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, desenvolverá as funcións previstas no capítulo II da citada norma e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

    Sección 2ª. Da Vicesecretaría Xeral

Artigo 7 Funcións
  1. Con nivel orgánico de subdirección xeral a Vicesecretaría Xeral, é a unidade que exercerá as seguintes funcións:

    1. A coordinación administrativa das funcións e actuacións que desenvolverán polos órganos dependentes da Secretaría Xeral Técnica así como as xefaturas territoriais.

    2. A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á Consellería, sen prexuízo das competencias que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR