DECRETO 43/2017, do 23 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e reforma da intersección na AC-840 (punto quilométrico 20+190 ao 21+910), no concello de Curtis (clave AC/15/066.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

O 5 de decembro de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 232) o Anuncio de 22 de novembro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do itinerario peonil e reforma da intersección na AC-840, en Curtis (p.q. 20+190 ao 21+910), de clave: AC/15/066.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Posteriormente, e tras a análise dos certificados e informes presentados, o 13 de marzo de 2017 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e reforma da intersección na AC-840, en Curtis (p.q. 20+190 ao 21+910), de clave: AC/15/066.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a creación dun itinerario peonil pola marxe dereita da estrada AC-840, entre os pp.qq. 20+190 e 21+910; a mellora das interseccións existentes coas vías local e provincial e a mellora das condicións do firme, incluíndo unha nova capa de rodadura.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR