DECRETO 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis, graos, modalidades e especialidades, competencia que o Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, atribúe á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A realidade sociolóxica, educativa e de optimización dos recursos fai necesaria a revisión da rede de centros e a planificación educativa naqueles concellos ou poboacións en que se estean prestando servizos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria en centros de distinto tipo, situados nun mesmo recinto escolar ou en zonas lindeiras dentro do mesmo concello, para proceder á súa reorganización mediante fusión, integración ou transformación, garantindo a escolarización de forma satisfactoria do alumnado afectado, sen menoscabo dos seus dereitos a recibir unha educación de calidade e en igualdade de condicións que o alumnado de centros do mesmo tipo.

Esta escolarización efectúase respectando as exixencias de ratio (número máximo de alumnos por grupo) e de postos de traballo docentes, para garantir a calidade do ensino e facilitar a atención á diversidade, e ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, así como impulsar a dinamización de proxectos educativos.

Da reorganización que leva a cabo este decreto derivan efectos pedagóxicos positivos para o alumnado de educación infantil e primaria, toda vez que o traslado do alumnado de educación secundaria obrigatoria permitirá aos centros dispoñer de máis espazo para actividades docentes, e tamén facilitará que o profesorado poida centrarse en proxectos educativos máis acordes coa tipoloxía do alumnado, fornecendo unha mellora das relacións nas respectivas comunidades educativas.

Así mesmo, o alumnado que vai estudar a educación secundaria obrigatoria a un instituto de educación secundaria tamén se verá beneficiado ao poder integrarse en grupos de estudo máis amplos, que permiten aumentar a oferta educativa en determinadas materias que necesitan un número mínimo de alumnos/as, ao facilitar as medidas necesarias de reforzo educativo. Finalmente, este alumnado participará dun contorno socioeducativo máis afín nun centro no que poderá...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR