DECRETO 72/2015, do 7 de maio, polo que se modifica o Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

A vixente estrutura orgánica da Consellería de Facenda aprobouse polo Decreto 101/2014, do 1 de agosto, publicado no DOG número 153, do 13 de agosto (corrección de erros no DOG número 209, do 31 de outubro).

Debido ás novas circunstancias xurdidas desde a entrada en vigor da vixente estrutura orgánica da consellería en agosto de 2014, é necesario proceder á súa modificación, co obxecto de que a persoa titular da consellería conte cun apoio técnico en materia de estudos e políticas de gasto sanitario. Por iso se crea unha nova Subdirección Xeral de Estudos e Políticas de Gasto Sanitario, integrada organicamente na Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio e con dependencia funcional da persoa titular da Consellería de Facenda. Desta subdirección xeral dependerá un novo órgano de asesoramento: o Servizo de Estudos e Asesoramento.

Por outra banda, no artigo 18 do decreto de estrutura orgánica vixente defínense as funcións e a estrutura das intervencións delegadas e, entre elas, no número 6, establécese o seguinte: «6. Existirá unha intervención delegada das entidades públicas instrumentais con nivel orgánico de subdirección xeral, que exercerá, baixo a dependencia orgánica e funcional da Intervención Xeral, o control interno da actividade económico-financeira daquelas entidades en que así o determine a Intervención Xeral. Contará cun Servizo de Fiscalización e Contabilidade».

Neste momento non é preciso o desempeño inmediato das funcións previstas para a intervención delegada das entidades públicas instrumentais; por tanto, suprímese o referido punto. O Servizo de Fiscalización e Contabilidade previsto nel pasa a depender, coa denominación de Servizo de Coordinación e Supervisión de Control Financeiro Permanente da Axencia Tributaria de Galicia, da Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, coa conseguinte modificación do artigo 16 do decreto.

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Facenda, cos preceptivos informes favorables e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de maio de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda

O Decreto 101/2014, do 1 de agosto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR