DECRETO 72/2018, do 12 de xullo, polo que se modifica o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Política Social
Rango de LeyDecreto

A vixente estrutura orgánica da Consellería de Política Social aprobouse polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 4 de decembro de 2015, coa corrección de erros no Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 8 de xaneiro de 2016. A dita estrutura modificouse en virtude do Decreto 77/2017, do 3 de agosto.

Mediante o Decreto 125/2008, do 29 de maio, creouse o Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi), en Santiago de Compostela, centro destinado a prestar unha rehabilitación integral ás persoas con discapacidade física e dependentes, e especificamente a desenvolver diferentes programas funcionais nas seguintes áreas: área residencial, de formación, coa existencia de aulas e obradoiros, de I+D+i, de asesoramento en materia de axudas técnicas, de atención psicosocial, de rehabilitación física e hidroterapia, e de vivendas para a vida independente, e área de recursos á comunidade.

Na consecución dos seus obxectivos, preténdese agora dar un maior impulso ao seu carácter integral potenciando os actos e actividades formativas adaptadas ás persoas con discapacidade o que levará consigo o contacto permanente coas entidades prestadoras de servizos sociais, así como cos órganos e organismos estatais e coas universidades.

De conformidade co exposto, resulta necesaria a modificación organizativa na Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade coa incorporación e coa dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi), así como a súa dirección coa natureza de servizo, como órgano que asumirá a supervisión e xestión cun nivel de responsabilidade e compromiso xa que este centro vaise converter nun establecemento de referencia no ámbito da discapacidade.

Cómpre, polo tanto, a modificación do artigo 20 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro, que establece a organización da dirección xeral. Así mesmo, engádese un novo artigo 24 bis referido especificamente ao novo órgano de apoio coa descrición das súas funcións.

A presente modificación da norma organizativa tramitouse de conformidade cos artigos 40 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR