DECRETO 74/2017, do 29 de xuño, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600) e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620), de clave AC/16/092.06, no concello de Oleiros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

Con data do 3 de abril de 2017 aprobouse provisionalmente, por resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600) e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620), de clave AC/16/092.06.

Con data do 26 de abril de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 80 do anuncio do 4 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600) e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620), de clave AC/16/092.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Posteriormente, e despois da análise dos informes e certificacións presentadas, o 22 de xuño de 2017 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na AC-174, treito Montrove-As Pedreiras (p.q. 2+440-3+600) e na AC-190, treito O Carballo-As Pedreiras (p.q. 0+200-0+620), de clave AC/16/092.06.

Este proxecto ten por obxecto a creación dunha senda peonil en dous treitos no concello de Oleiros:

– AC-174: treito Montrove-As Pedreiras p.q. 2+440-3+600.

O itinerario estará conformado, en xeral, por unha senda de 2 metros de largo e unha lonxitude total de aproximadamente 1.160 m; separada da estrada mediante un separador verde de 50 cm de largo mínimo e un bordo de formigón. Esta senda executarase en formigón coloreado, pola marxe esquerda da estrada AC-174.

– AC-190: treito O Carballo-As Pedreiras p.q. 0+200-0+620.

Igual que no caso anterior, o itinerario estará conformado, en xeral, por unha senda de 2 metros de largo e unha lonxitude aproximada de 1.580 m; separada da estrada mediante un separador verde de 50 cm de largo mínimo e un bordo de formigón. Neste caso, ao executarse a senda nunha zona en que se atravesa solo rústico de protección forestal (marxe dereita da estrada AC-190), a senda constituirase en solo estabilizado.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR