DECRETO 85/2017, do 20 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-300, Vilariño-polígono do Salnés, punto quilométrico 9+310-10+270, nos concellos de Cambados e Ribadumia (clave PO/16/062.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Con data do 15 de decembro de 2016 aprobouse provisionalmente, por resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-300, Vilariño-polígono do Salnés, p.q. 9+310-10+270, de clave PO/16/062.06.

Con data do 5 de maio de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 86) o Anuncio do 24 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-300, Vilariño-polígono do Salnés, p.q. 9+310-10+270, de clave PO/16/062.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e tras a análise dos informes e certificacións presentados, o 17 de xullo de 2017 apróbase o expediente de información pública, e definitivamente, o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-300, Vilariño-polígono do Salnés, p.q. 9+310-10+270, de clave PO/16/062.06.

Este proxecto ten por obxecto a creación dunha senda compartida (peoníl e ciclista) no treito da estrada PO-300 que se inicia no tramo urbano do núcleo de Sameiro (Cambados), atravesa polo concello de Ribadumia e remata no último treito no concello de Cambados, onde enlaza coas beirarrúas existentes. Créase un itinerario continuo e seguro que potenciará a mobilidade a pé ou en bicicleta en detrimento do vehículo de motor e mellorará, de xeito colateral, a seguridade viaria na circulación de peóns e ciclistas, que na actualidade non dispoñen de carril específico e circulan pola beiravía ou polo carril de circulación.

A senda executarase en formigón coloreado cunha sección transversal de 3 metros de ancho medio, destinada ao itinerario compartido, 0,5 metros de zona verde (naqueles treitos onde o espazo dispoñible o permita), enmarcada entre bordos de 22 cm de ancho.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións (necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada):

– Mellora da rede da drenaxe existente na zona coa prolongación das obras de drenaxe transversal.

– Execución dun prisma para futuras canalizacións eléctricas e de iluminación.

– Mellora da sinalización, balizamento e defensas e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR