DECRETO 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Economía, Emprego e Industria
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.13 do seu Estatuto de autonomía aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, ten atribuída a competencia exclusiva no relativo a instalacións de produción, distribución e transporte de enerxía eléctrica, cando este transporte non saia do seu territorio e o seu aproveitamento non afecte outra provincia ou comunidade autónoma, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1.22 da Constitución.

Así mesmo, o artigo 28.3 do Estatuto de autonomía de Galicia establece que é competencia da Comunidade Autónoma galega o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado, nos termos que esta estableza, do réxime mineiro e enerxético.

O traspaso de competencias en materia de industria, enerxía e minas levouse a cabo, conforme o establecido na disposición cuarta do mencionado Estatuto de autonomía de Galicia, en virtude do Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas.

A Lei básica estatal 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece no seu artigo 3.13 as instalacións eléctricas cuxa autorización é competencia da Administración xeral do Estado.

A disposición derradeira segunda da citada lei establece que se exclúen dese carácter básico as referencias aos procedementos administrativos, que serán regulados pola Administración pública competente, axustándose en todo caso ao establecido na normativa básica de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, regula no seu título VII os procedementos de autorización das instalacións eléctricas competencia da Administración xeral do Estado. Na súa disposición derradeira primeira exclúe do carácter básico o título VII para aqueles procedementos administrativos en que sexan competentes as comunidades autónomas.

Actualmente segue en vigor o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (publicado no DOG do 16 de febreiro).

As modificacións normativas posteriores xa mencionadas, así como as diferentes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR