Decreto 70/2005, do 31 de marzo, de aprobación dos estatutos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, completando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, asignándolle as funcións á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (na actualidade, Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, en virtude do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro).

A Lei 11/2001, de 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da devandita competencia, dispón na súa disposición transitoria que os colexios profesionais que estivesen constituídos á entrada en vigor desta lei adaptarán os seus estatutos a ela no prazo dun ano.

En cumprimento da devandita disposición, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia acordou na asemblea xeral extraordinaria celebrada o 11 de decembro de 2004 aprobar a modificación e adaptación dos estatutos á lei galega. Posteriormente foron comunicados a esta consellería para os efectos da súa aprobación definitiva, despois da cualificación de legalidade.

Tendo en conta o exposto, e en virtude do uso da competencia atribuída polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local,

e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do trinta e un de marzo dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobar, por seren adecuados á legalidade, os estatutos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia que figuran como anexo a este decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

ANEXO

Estatutos do Colexio Oficial de Enxeñeiros

Industriais de Galicia

Preámbulo.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia constituíuse en cumprimento do Decreto 118/1949, do Ministerio de Industria e Comercio, segundo o establecido nos estatutos xerais dos colexios de enxeñeiros industriais aprobados pola Orde do 6 de setembro de 1950 do mesmo ministerio.

Polo Real decreto 1332/2000, do 7 de xullo, aprobáronse os estatutos xerais dos colexios oficiais de enxeñeiros industriais e do seu consello xeral.

O Parlamento de Galicia, o 11 de setembro de 2001, aprobou a Lei 11/2001, sobre colexios profesionais.

En consecuencia, efectúase a adecuación dos presentes estatutos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia á Lei 11/2001, do Parlamento de Galicia, e ao Real decreto 1332/2000.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Personalidade e estrutura.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia é unha corporación profesional de dereito público, con personalidade xurídica propia e plena capacidade xurídica pública e privada para o cumprimento dos seus fins.

A estrutura interna e o funcionamento do colexio deberán ser democráticos.

Artigo 2º Normativa aplicable.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, sen prexuízo das normas de superior rango que lle sexan de aplicación, réxese polo disposto nestes estatutos.

Toda a súa modificación deberá ser realizada de acordo co especificado nos seus correspondentes artigos.

Artigo 3º Relación coa Administración.

Nas cuestións relativas aos aspectos institucionais e corporativos considerados na Lei de Galicia de colexios profesionais, este colexio relacionarase coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da consellería competente en materia de colexios profesionais e, nas cuestións referentes ao contido desta profesión, a través da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio ou consellería competente ao respecto.

Artigo 4º Alcance.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia integrará obrigatoriamente, dentro do seu ámbito territorial, a todos os enxeñeiros industriais no exercicio da súa profesión, con título oficial recoñecido polo Estado, procedentes de centros docentes creados ou recoñecidos polo Estado ou polas comunidades autónomas no ámbito das súas respectivas competencias, xa fosen públicos ou privados, e os enxeñeiros superiores con título estranxeiro homologado ou recoñecido oficialmente, para os efectos profesionais, polo Estado español ao de enxeñeiro industrial. Así mesmo, poderá integrar outros enxeñeiros de segundo ciclo cuxos títulos abrangan campos incluídos na enxeñaría industrial, sempre e cando non exista un colexio específico que agrupe un colectivo determinado polo seu título de especialidade e así o aprobase o Consello Xeral, por proposta dalgún colexio, para cada titulación e para cada centro docente, adoptándose o acordo por maioría de dous terzos dos membros do Pleno do Consello Xeral.

No suposto dos enxeñeiros industriais con título homologado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou con título recoñecido, para os efectos profesionais, polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, seralle requirida a colexiación obrigatoria na circunstancia específica de exercer a profesión de enxeñeiro industrial no ámbito territorial do colexio.

Quedan exceptuados do requisito de incorporación ao colexio os enxeñeiros industriais vinculados coa Administración pública mediante servizos de carácter administrativo ou laboral para o exercicio de funcións puramente administrativas ou para a realización de actividades propias da profesión por conta da administración a que pertenzan cando o seu destinatario inmediato sexa esa administración. Si será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada.

Artigo 5º Ámbito territorial.

O ámbito territorial do colexio é o correspondente á Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo II

Fins, funcións e facultades do colexio

Artigo 6º Fins e funcións do colexio.
  1. Serán fins do colexio os que o ordenamento xurídico vixente lle atribúa como corporación pro

    fesional e, como finalidade última, a tutela do correcto exercicio da profesión como garantía dos dereitos dos cidadáns. En particular, a título enunciativo e non limitativo, terá os seguintes fins esenciais:

    1. Ordenar, no ámbito da súa competencia, de acordo cos criterios básicos que estableza o Consello Xeral, o exercicio da profesión dos colexiados, velando pola ética e dignidade profesional e polo respecto debido aos dereitos da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR