DECRETO 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 4, números 1 e 2 establece que os dereitos, liberdades e deberes fundamentais dos/as galegos/as son os establecidos na Constitución. Aos poderes públicos de Galicia correspóndelles promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos/as galegos/as na vida política, económica, cultural e social. Así, no artigo 27, números 23 e 24 establece as competencias exclusivas da Comunidade Autónoma galega en materia de asistencia social e promoción do desenvolvemento comunitario, no seu artigo 31 establece a competencia plena en relación ao regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 da mesma, o desenvolven, das facultades que atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución, e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía, e no artigo 33 a competencia canto ao desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior, e tutela das institucións, entidades e fundacións en materia de sanidade e Seguridade Social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, regulou o servizo de atención temperá como un servizo social na área da discapacidade. En desenvolvemento das previsións legais, ditouse o Decreto 69/1998, do 26 de febreiro, polo que se regula a atención temperá a discapacitados na Comunidade Autónoma de Galicia, o obxecto do cal veu constituído pola ordenación da atención temperá e á adscrición ao Servizo Galego de Saúde dos recursos destinados á dita prestación, quedando integrada neste. Na actualidade o servizo préstase nas unidades de atención temperá dos complexos hospitalarios.

Con posterioridade, no exercicio das competencias establecidas no Estatuto de autonomía, a Comunidade Autónoma de Galicia promulgou a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, a cal establece no seu artigo 14, número 1, que «as persoas menores, as maiores dependentes, as enfermas mentais e terminais, as enfermas que padecen enfermidades crónicas e discapacitantes, os/as pacientes diagnosticados/as de enfermidades raras ou de baixa incidencia na poboación e as persoas pertencentes a grupos de risco, en tanto que son colectivos que deben ser obxecto de especial atención polas administracións sanitarias competentes, teñen dereito a actuacións e/ou programas sanitarios específicos e preferentes, os cales se executarán a través dos centros, servizos e establecementos do Sistema público de saúde de Galicia». No artigo 32 do mesmo texto legal recóllese, entre os principios reitores do Sistema público de saúde de Galicia, o de coordinación interdepartamental da atención sociosanitaria, e o artigo 136, número 3, prevé que a Consellería de Sanidade promoverá a cooperación e coordinación co Sistema galego de servizos sociais para que a atención ás circunstancias e necesidades sociais e as accións de prevención e asistencia sanitaria se complementen de forma axeitada, e fomentará actuacións integrais sociais e sanitarias ante aquelas circunstancias de dependencia, cronicidade, discapacidade e outras en que a cooperación dos dous sistemas supoña vantaxes sociais e asistenciais.

Así mesmo, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, recolle no seu artigo 3.b que o sistema galego de servizos sociais garantirá a vida independente e a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia, integrando, para estes efectos, o catálogo de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia. No artigo 4 enumera, entre os principios que rexerán o sistema galego de servizos sociais, os de globalidade e coordinación. No artigo 19 define a intervención social, biopsicosocial, sociolóxica ou socioeducativa que favoreza a adquisición ou recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social, como intervención ou servizo de carácter técnico-profesional incluído dentro do catálogo de servizos sociais. E no seu artigo 12 regula os servizos sociais comunitarios específicos orientados ao desenvolvemento de programas e a xestión de centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado. A regulación legal destes servizos desenvolveuse polo Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, que no seu artigo 26, alínea d), establece como funcións propias dos servizos sociais comunitarios específicos a atención de persoas con discapacidade a través de centros ocupacionais, así como o apoio psicosocial e familiar vinculado á atención temperá. Asemade, no seu anexo IV, considéranse a atención psicosocial e familiar vinculada á atención temperá como un dos programas e servizos prioritarios na formulación de programas dos servizos sociais comunitarios municipais, segundo o disposto no artigo 18 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Previamente, a Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, regula as condicións básicas de acceso ao denominado Sistema para a autonomía e atención á dependencia (SAAD). Como se establece no seu preámbulo, trátase de configurar un novo desenvolvemento dos servizos sociais que complemente a acción protectora e poida dar resposta ás necesidades de atención das persoas en situación de dependencia. Neste labor xogan un papel fundamental as comunidades autónomas pois atribúelles a planificación, a ordenación e a coordinación, no ámbito do seu territorio, dos servizos de promoción da autonomía persoal e de atención ás persoas en situación de dependencia, así como a xestión dos servizos e recursos necesarios para iso. No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia deben citarse o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes e a Orde do 2 de xaneiro de 2012, pola que se desenvolve o devandito decreto. Dentro do catálogo de servizos do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o artigo 3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, recolle os servizos de promoción da autonomía persoal, entre os cales a orde citada inclúe o servizo de atención temperá.

Por outro lado, no ámbito educativo o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A transcendencia dos cambios sociais e a experiencia acumulada ao longo dos últimos anos, que recollen documentos de referencia como o Libro branco da atención temperá e o informe da Axencia Europea para o Desenvolvemento da Educación Especial, sinalaron a conveniencia de asumir un novo concepto da atención temperá baseado nos dereitos dos/as nenos/as, na igualdade de oportunidades e na participación social, centrado nas necesidades da familia e na prestación dos servizos nos contornos naturais da vida dos/as nenos/as. Neste mesmo senso cabe resaltar a disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro, que establece que, sen prexuízo dos servizos establecidos nos ámbitos educativo e sanitario, o sistema para a autonomía e atención á dependencia atenderá as necesidades de axuda a domicilio e, se for o caso, prestacións económicas vinculadas e para coidados no contorno familiar a favor dos menores de tres anos acreditados en situación de dependencia, e que no seo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a autonomía e atención á dependencia se promoverá a adopción dun plan integral de atención para estes menores de tres anos en situación de dependencia, no cal se recollan as medidas que adoptarán as administracións públicas, sen prexuízo das súas competencias, para facilitar a atención temperá e rehabilitación das súas capacidades físicas, mentais e intelectuais, sendo a través da Resolución do 25 de xullo de 2013, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade onde se publica o Acordo do 4 de xullo de 2013, do Consello Territorial de Servizos Sociais y do Sistema para a autonomía e atención á dependencia sobre criterios comúns, recomendacións e condicións mínimas dos plans de atención integral a menores de tres anos en situación de dependencia ou en risco de desenvolvela.

Con base nisto, resulta imprescindible elaborar unha nova normativa que permita crear un espazo común de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR