Decreto 60/2004, do 26 de febreiro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, complementando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia.

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da devandita competencia, dispón na súa disposición transitoria que os colexios profesionais que estivesen constituídos á entrada en vigor desta lei adaptarán os seus estatutos a ela.

Dando cumprimento a esta disposición, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia acordou na asemblea xeral extraordinaria celebrada o 29 de marzo de 2003 a aprobación dos estatutos. Posteriormente foron comunicados a esta consellería para os efectos da súa aprobación definitiva, logo da cualificación de legalidade.

Tendo en conta o exposto, en virtude do uso da competencia atribuída polo artigo 18.1º da Lei 11/2001, do 18 de setembro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de febreiro do dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobar, por ser adecuados á legalidade, os estatutos do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, que figuran como anexo a este decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e seis de febreiro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

ANEXO

Estatuto do ilustre Colexio Oficial de Xestores

Administrativos de Galicia

TÍTULO I

Do colexio

Artigo 1º Denominación.

Coa denominación de Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, continuará constituído este colexio, formando corporación profesional, que terá de se rexer polas leis de colexios profesionais do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, o Estatuto orgánico da profesión de xestor administrativo, o presente estatuto e o Regulamento de réxime interior.

Artigo 2º Domicilio.

A sede oficial do colexio será a cidade da Coruña e o seu domicilio social ou legal o andar 1º dos números 2, 4 e 6 da rúa Durán Loriga da cidade.

Artigo 3º Ámbito territorial.

O seu ámbito e demarcación comprende as provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que actualmente o integran.

Artigo 4º Personalidade xurídica.

O Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, como corporación de dereito público amparada pola lei e recoñecida polo Estado, gozará de personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, que o faculta para adquirir, posuír, gravar e allear toda clase de bens e exercer toda clase de accións e dereitos, para que o faculten tanto as leis estatais e autonómicas como o Estatuto orgánico da profesión, transmitir e renunciar uns e outros atendendo ás atribucións conferidas ós seus órganos rectores.

Non obstante, o colexio non poderá exercer ningunha das facultades que no vixente Estatuto orgánico da profesión se confiren ó Consello Xeral de Colexios, que é órgano representativo coordinador superior.

Artigo 5º Funcións.

Competen ó colexio, dentro do seu ámbito territorial, as seguintes funcións:

I) Representar e defender a profesión perante a Administración, institucións, tribunais, entidades e particulares, con lexitimación para ser parte en cantos litixios afecten os intereses profesionais e exercer o dereito de petición.

II) Elaborar o seu propio estatuto e normas que o desenvolvan.

III) Cumprir e facer cumprir o Estatuto orgánico da profesión, o presente estatuto, o Regulamento de réxime interior e as normas e acordos adoptados polos órganos colexiais.

IV) Informar dos proxectos de normas que elabore a Comunidade Autónoma de Galicia que afecten ós

xestores administrativos ou se refiran ós fins ou funcións que teñan encomendados.

V) Exercer cantas funcións lle sexan delegadas ou encomendadas pola Administración ou poidan ser obxecto de convenios de colaboración, mediante a realización de actividades relacionadas cos fins e competencia profesional dos xestores administrativos que lle sexan requiridas ou solicitadas ou acorde formular por propia iniciativa.

VI) Ordenar a actividade profesional dos colexiados, velando polo maior prestixio, dignidade e ética da profesión, así como polo respecto debido ós dereitos dos particulares e de cantos requiran os seus servizos.

VII) Elaborar o seu orzamento anual e establecer e exixir as achegas económicas dos colexiados.

VIII) Establecer, con carácter orientativo, os honorarios que percibirán os xestores administrativos.

IX) Exercer a potestade disciplinaria e vixiar o cumprimento das súas obrigas polos colexiados.

X) Perseguir perante os tribunais os que realicen actos de competencia desleal ou intrusismo nas funcións profesionais dos xestores administrativos.

XI) Implantar a canalización colexial de trámites, para a súa axilización, sen menoscabo da libre competencia.

XII) Organizar aquelas actividades e servizos comúns de carácter profesional, formativo, cultural, asistencia, de previsión e análogos, que se estimen de interese para os colexiados, así como de cobertura de posibles responsabilidades civís contraídas por eles no exercicio da súa profesión.

XIII) Manter relacións coas autoridades administrativas e outras corporacións profesionais.

XIV) Intervir con carácter conciliador, mediador ou arbitral.

XV) Cantas outras funcións lle estean legal, regulamentaria ou estatutariamente atribuídas.

TÍTULO II

Dos colexiados

Capítulo I

Incorporación e exercicio da profesión

Artigo 6º Exercicio profesional.

Para exercer a profesión de xestor administrativo en calquera localidade do ámbito territorial do colexio, será obrigatorio acharse incorporado a el para tales efectos, ou estando incorporado a outro colexio ter comunicado a este colexio as actuacións específicas que se van realizar, de conformidade co establecido no Estatuto orgánico da profesión.

Regulamentariamente se determinarán os supostos en que poida dispensarse a comunicación aludida no parágrafo anterior e os efectos que esta vaia producir.

Artigo 7º Incorporación.

A incorporación ao colexio deberá realizarse en forma, facendo constar na solicitude a localidade de residencia e aquela en que se vaia exercer a profesión, debéndose acreditar ademais os seguintes extremos:

  1. Ser maior de idade.

  2. Non ter sido condenado a penas que inhabiliten para o exercicio de funcións públicas.

  3. Acreditar a non constancia de antecedentes desfavorables nos arquivos do Consello Xeral de Colexios mediante a achega de certificación do dito órgano.

  4. Estar en posesión do título académico de licenciado en dereito, ciencias económicas, ciencias empresariais ou ciencias políticas.

  5. Superar as probas de aptitude que se esixan.

Artigo 8º Causas que impiden a incorporación.

Non poderán incorporarse ó colexio:

  1. Os que fosen condenados por intrusismo no exercicio da profesión de xestor administrativo, por sentenza firme ata que cumpran a pena correspondente.

  2. Os que fosen expulsados doutro Colexio Oficial de Xestores Administrativos ou inhabilitados para o exercicio da profesión por sentenza firme.

  3. Os que estean incursos en casos de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR