Decreto 116/2007, do 31 de maio, polo que se crean centros públicos de educación e promoción de adultos con sede nos centros penitenciarios de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 31 e o Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, establecen a competencia desta en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dedica o capítulo IX do título II á educación das persoas adultas, establecendo no seu artigo 67.6º a garantía de acceso da poboación reclusa a estas ensinanzas; e a Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 5 que, para o logro dos seus fins, a Xunta de Galicia fomentará a relación e coordinación das accións que en materia de educación, promoción e formación laboral de adultos realicen as distintas consellerías e institucións da comunidade autónoma, así como as dos organismos e entidades públicas e privadas no seu ámbito competencial, e no seu artigo 14 determina que lle corresponde á Xunta de Galicia a creación dos centros de educación e promoción de adultos.

Tendo en conta o Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros que, en coherencia coas dúas leis citadas, ten a vontade de desenvolver con garantías plenas o dereito á educación das persoas adultas, cunha oferta de calidade para todas e todos sen discriminación.

Considerando que o disposto no Real decreto 1203/1999, do 9 de xullo, polo que se integran no corpo de mestres ás funcionarias e funcionarios pertencentes ao corpo de profesores de educación xeral básica de institucións penitenciarias e se dispoñen normas de funcionamento das unidades educativas dos establecementos penitenciarios, habilita para a sinatura do convenio de colaboración do 23 de marzo de 2007, BOE do 11 de abril, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Interior, para o desenvolvemento de programas de formación da poboación reclusa que se realizarán nos centros de educación de persoas adultas localizados en cada un dos centros penitenciarios de Galicia.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR