Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, no seu título IX, capítulo I, sección 1ª, establece as diferentes categorías de persoal

docente e investigador contratado polas universidades públicas.

Posteriormente, esta comunidade autónoma publica o Decreto 266/2002, do 6 de setembro, de contratación de profesorado universitario. Unha e outra disposición normativa esixen para determinadas figuras contractuais, con carácter previo á súa contratación, o informe ou avaliación da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, ou da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, consonte determina a Lei 3/2002, do Parlamento de Galicia, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, ou calquera outro órgano de avaliación que as leis doutras comunidades autónomas determinen, sempre que exista concerto previo ou convenio coa Comunidade Autónoma galega.

Dentro deste decreto establécense os obxectivos da Axencia de acordo co disposto no artigo 31 da mencionada lei orgánica e no artigo 86 respecto ós centros que imparten ensinanzas de acordo con sistemas educativos estranxeiros.

Asemade, créase por este decreto, e dentro da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, establecéndose a súa composición, así como que contará cun comité de asesores expertos para realiza-las avaliacións para cada un dos grandes campos científicos.

O texto do decreto estructúrase en tres títulos. Un primeiro referente ás disposicións de carácter xeral, constituíndo a garantía da calidade o seu obxectivo principal, o cal introducirá elementos de innovación, competitividade e mellora da calidade das universidades para o efecto de conferi-lo maior vigor e credibilidade ó sistema universitario galego.

O título segundo fala dos informes e avaliacións previos para a contratación e progresión do profesorado universitario contratado, facendo referencia expresa a cada unha das figuras contractuais que son obxecto de emisión de informe ou avaliación con carácter previo á súa contratación laboral, así como o procedemento para tales solicitudes.

O título terceiro refírese á creación da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación.

Conta tamén o presente decreto cunha disposición adicional e unha transitoria, como consecuencia da disposición transitoria segunda do Decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional.

Na súa conformidade, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do o informe do pleno do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello

da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintedous de maio de dous mil tres,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º Asunción de funcións pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

De conformidade coa disposición adicional vixésimo sétima da Lei do Parlamento de Galicia 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, corresponden á Axencia para a Calidade do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR