Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

A Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, no seu artigo 4, atribúe ó Consello da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de estradas, a aprobación por decreto da relación das estradas de titularidade autonómica.

Tendo en conta que as estradas que integran a rede de titularidade autonómica seguen conservando o nome e a numeración que tiñan con anterioridade á súa transferencia, e que desde entón se incorporaron á rede novas estradas, e que outras, pola contra, foron transferidas e/ou absorbidas polas tramas urbanas, considérase necesaria a súa substitución, mediante a adopción dunha nova nomenclatura que forneza unha completa información ós usuarios destas infraestructuras.

Con referencia ás estradas susceptibles de seren transferidas por non daren continuidade a itinerarios e/ou seren treitos antigos de estradas nas que se fixeron variantes de trazado, a Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, establece no seu artigo 5 que os cambios de titularidade de estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais terán que ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo de acordo entre as administracións afectadas.

É por isto que, para os efectos informativos, se inclúe no anexo que se xunta a este decreto unha relación de estradas nas que concorren as circunstancias aludidas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobáse a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, coa súa nova nomenclatura, que figura como anexo ó presente decreto.

O procedemento que se seguirá para o posible cambio de titularidade das estradas susceptibles de seren transferidas enumeradas no epígrafe II do anexo que se xunta, realizarase de acordo coa Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. O proceso culminará cun decreto que, logo do convenio entre a Xunta de Galicia e a corporación local, aprobe o cambio de titularidade da estrada e modifique, polo tanto, a relación de estradas de titularidade autonómica.

Disposición transitoria

No prazo dos dous anos seguintes á súa entrada en vigor, procederase á implantación da nova sinalización, de acordo coa nomenclatura que se aproba polo presente decreto.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteseis de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

  1. Rede de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Estradas autonómicas susceptibles de seren transferidas (xa incluídas na táboa I).

    Recóllense neste epígrafe as estradas que non dan continuidade a itinerarios e/ou son treitos antigos de estradas nas que se fixeron variantes de trazado.

  3. Estradas que transforman as súas claves.

    Neste epígrafe móstrase a listaxe das claves de estradas actuais que se transforman coa nova nomenclatura, especificándose a denominación que se lles dará a partir desde momento.

    Provincia da Coruña.

  4. Rede de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

    EstradaRedeDenominaciónClave anterior

    AG-55VACA Coruña-CarballoA-55

    AG-56VACA Rocha (N-550)-Brión (AC-543)

    AG-59VACSantiago de Compostela (N-525)-Pontevea (AC-841)

    AG-64VACFerrol-Vilalba

    VRG-1.1VACPadrón (N-550)-Ribeira (AC-550)VRG-1.1

    VRG-1.2VACVilar do Colo (A-9)-Mugardos

    AC-100SO Barqueiro (AC-862)-Porto de BaresAC-100

    AC-101PCAs Pontes de García Rodríguez (AC-118)-Ortigueira (AC-862)AC-101

    AC-102PCAs Felgosas (AC-862)-Esteiro (AC-566)AC-102+AC-104

    AC-110PCAs Felgosas (AC-862)-Espiñaredo (AC-861)AC-103+AC-110

    AC-111SSan Sadurniño (AC-862)-Feira de San SadurniñoAC-111**

    AC-112SSan Sadurniño (AC-862)-Castro (AC-566)AC-112

    AC-114SO Val (AC-116)-BaltarAC-114**

    AC-115PCFene (N-651)-Xubia (AC-862)AC-115

    AC-116PCCatabois-Valdoviño (AC-566)C-646

    AC-118SAC-861-As Pontes de García Rodríguez-AC-861C-641**

    AC-121SFilgueiras (AC-564)-Roxal (AC-862)AC-121

    AC-122SCabanas (N-651)-A Gallada (AC-133)AC-122

    AC-123SFranza (AC-133)-AresAC-123

    AC-124SLimodre (AC-122)-RedesAC-124

    AC-125SIgrexafeita (AC-861)-Vistalegre (AC-862)C-641**

    AC-129SRilo (AC-133)-A Barca (Deput)

    AC-130SMugardos (AC-133)-AresAC-130

    AC-131SMugardos (AC-133)-Castelo da PalmaAC-131**

    AC-132SA Gallada (AC-133)-O SeixoAC-132**

    AC-133SFene (N-651)-Mugardos*

    AC-134SManiños (AC-133)-Peirao de ManiñosAC-134**

    AC-135SAC-862-Pontebarbelas-AC-862C-642**

    AC-140SPerlío (AC-133)-Peirao de PerlíoAC-140**

    AC-141PCCabanas (N-651)-A Pena (AC-564)AC-141

    AC-142SAs Pontes de García Rodríguez (AC-861)-O Piñeiral (AC-564)AC-142

    AC-144SPontedeume (N-651)-Ponte da Pedra (AC-151)AC-144+AC-150

    AC-151SCampolongo (N-651)-Montesalgueiro (N-VI)AC-151+AC-152+AC-153

    AC-154SMiño (N-651)-Praia de MiñoAC-154**

    AC-160SMiño (N-651)-VilamateoAC-160

    AC-161PCAs Angustias (N-VI)-Bergondo (AC-164)AC-161

    AC-162PCSada (AC-163)-Bergondo (AC-164)AC-162

    AC-163PCSada (AC-162)-Mera (AC-173)AC-163

    AC-164PCGuísamo (N-VI)-Ínsua (N-651)AC-164

    AC-170SGuísamo (N-VI)-Sta. Marta de BabíoAC-170**

    AC-171SFiobre (AC-164)-PedridoAC-171**

    AC-173PCPerillo (N-VI)-Mera (AC-163)AC-172+AC-173

    AC-174SPerillo (N-VI)-OleirosAC-174

    AC-175SPerillo-PerilloAC-174**

    AC-180SO Carballo (N-VI)-Oleiros (AC-174)AC-180

    AC-181SArillo (AC-173)-OleirosAC-181

    AC-182SEspíritu Santo (N-VI)-OleirosAC-182

    AC-183SSada (AC-162)-Arillo (AC-173)AC-183+AC-184

    AC-189SPonte Arcediago (AC-840)-Moldes (AC-840)C-540**

    AC-190SO Carballo (AC-180)-Santa Cruz (AC-173)AC-190

    AC-191SMoldes (AC-840)-AC-840C-540**

    AC-192SAC-840-Melide-AC-840C-540**

    AC-193SAC-840-Présaras-AC-840C-540**

    AC-194SAC-840-Vilasantar-AC-840C-540**

    AC-195PCBetanzos (Antiga N-VI)-Betanzos (AC-840) (Avda. Fraga Iribarne)C-542**

    AC-196SNoia (AC-550)-Ponte Nafonso-AC-550C-550**

    AC-197SAC-550-Ameixenda-AC-550C-550**

    AC-198SAC-552-Carrizal-AC-552C-552**

    AC-199SAC-552-Dumbría-AC-552C-552**

    AC-211PCSan Pedro (N-VI)-A Pasaxe (N-VI)*

    EstradaRedeDenominaciónClave anterior

    AC-213SO Burgo (AC-211)-Os Campós (Deput.)AC-213

    AC-214PCGuísamo (N-VI)-Sigrás (N-550)AC-214+AC-220

    AC-215SFonteculler (AC-211)-O Portádego (N-550)

    AC-221SSan Pedro de Nós (N-VI)-Mabegondo (AC-542)AC-221

    AC-222SHerves (N-550)-Montouto (AC-542)AC-222

    AC-223SAs Travesas (AC-542)-Xanceda (AC-524)AC-223

    AC-230SMontesalgueiro (N-VI)-Curtis (AC-840)AC-230

    AC-231SA Castellana (N-VI)-Sobrado (AC-934)AC-231

    AC-234PCArzúa (N-547)-As Corredoiras (AC-840)AC-234

    AC-240SBurres (N-547)-Ponte Ulla (N-525)AC-240

    AC-241SPonte Ulla (N-525)-Pontevea (AC-841)AC-241

    AC-242SPadrón (N-550)-Pontevea (AC-841)AC-242

    AC-243SRibadulla (N-525)-Estación de RibadullaAC-243**

    AC-250SSigüeiro (N-550)-Lavacolla (N-634)AC-250

    AC-251SA Sionlla (N-550)-Estación da SionllaAC-251**

    AC-261SLamas (AC-960)-Ponte SarAC-261

    AC-262SA Susana (AC-960)-Estación da SusanaAC-262**

    AC-299SPadrón (AC-307)-Padrón (AC-301)AC-301**

    AC-300SOs Ánxeles (AC-543)-Picaraña (N-550)AC-300

    AC-301PCPadrón (N-550)-Augasantas (Deput.)*

    AC-302SA Pobra do Caramiñal (AC-305)-Oleiros (AC-550)AC-302

    AC-303SOleiros (AC-550)-CorrubedoAC-303

    AC-305PCPadrón (VRG-1.1)-Ribeira (AC-550)C-550

    AC-306SBexo (AC-305)-AC-553

    AC-307SPadrón (AC-299)-Padrón (AC-305)C-550**

    AC-308SAugasantas (Deput.)-Noia (AC-311)

    AC-310SNoia (AC-550)-Porto de NoiaAC-310**

    AC-311PCNoia (AC-543)-Noia (AC-550)C-543**

    AC-400PCSigrás (N-550)-MurosAC-400+AC-401+AC-402+AC-403

    AC-404PCSanta Comba-BaioC-545

    AC-411SArteixo-ArteixoAC-411**

    AC-413PCOrdes-CarballoAC-412+AC-413

    AC-414PCCarballo (Enlace AG-55)-Malpica*

    AC-415PCA Coruña-Sabón (AC-552)C-552**

    AC-416PCCarballo-Carballo (AC-414)AC-414**

    AC-421SAgualada (AC-552)-Buño (AC-422)AC-421

    AC-422PCBuño (AC-414)-Ponteceso (AC-430)AC-422

    AC-423SGrilloi (AC-552)-Ponteceso (AC-422)AC-423

    AC-424PCPonteceso (AC-430)-CormeAC-424

    AC-430PCBaio (AC-552)-Ponteceso (AC-422)AC-430

    AC-431PCAs Grelas (AC-430)-LaxeAC-431

    AC-432PCVimianzo (AC-552)-CamariñasAC-432

    AC-433SPonte do Porto (AC-432)-Laxe (AC-431)AC-433

    AC-434SCruz do Furco (AC-433)-Praia Traba (Boaño)AC-434**

    AC-440PCBerdoias (AC-552)-MuxíaAC-440

    AC-441PCPereira (AC-400)-Berdoias (AC-552)AC-441

    AC-442SBerdeogas (AC-552)-Boudañeira (AC-441)AC-442**

    AC-444SNegreira (AC-546)-Ponte Failde (Deput.)AC-444

    AC-445PCCee (AC-550)-FisterraC-552

    AC-447SNegreira-NegreiraAC-444**

    AC-451SOs Ánxeles (AC-543)-Brión (AC-544)AC-451

    AC-453SRoxos (AC-543)-Portomouro (Deput.)AC-452+AC-453

    AC-460SDeixebre (N-550)-Estación de TrasmonteAC-460**

    AC-461SSigüeiro (N-550)-Estación de OrosoAC-461**

    AC-462SMarantes (N-550)-Estación de BerdíaAC-462**

    AC-522PBAs Galanas (N-550)-Pardiñas (AG-56)

    AC-523PBMeirama-Culleredo (A-6)

    AC-524PBOrdes (N-550)-Lanzá (N-634)AC-224

    AC-539PBCacheiras (AC-841)-Penelas (AG-59)

    AC-542PBBetanzos (AC-840)-Mesón do Vento (N-550)C-542

    AC-543PBSantiago de Compostela (AC-548)-Noia (AC-550)C-543

    EstradaRedeDenominaciónClave anterior

    AC-544PBBertamiráns (AC-543)-NegreiraAC-450

    AC-546PBNegreira (AC-444)-A Pereira (AC-400)AC-443

    AC-548PBA Rocha (N-550)-Vidán (AC-543)

    AC-550PBCee-RibeiraC-550

    AC-551PBSaída 7 (AG-55)-Sabón (AC-552)

    AC-552PBA Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)*

    AC-553PBSaída 10 (VRG-1.1)-Ponte Catoira

    AC-563PBVilar do Colo (A-9)-Fonfría (AC-564)

    AC-564PBCabanas (A-9)-As Pontes de García Rodríguez (AC-861)*

    AC-566PBNarón (AC-862)-Campo do Hospital (AC-862)*

    AC-840PBBetanzos (AC-542)-Lím. Prov.-Agolada (N-640)C-540

    AC-841PBSantiago de Compostela (N-525)-Lím. Prov.-A EstradaC-541

    AC-861PBVilalba (N-634)-Lím. Prov.-Igrexafeita (AG-64)C-641

    AC-862PBFerrol-Lím. Prov.-San CibraoC-642

    AC-905PCVila de Cruces-Lím. Prov.-Arzúa*

    ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR