Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

Os decretos 79/2009, do 19 de abril, e 83/2009, do día 21 do mesmo mes, estableceron, respectivamente, a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta, estruturándoa nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría necesarios para o cumprimento dos fins que a nova estrutura comporta e adscribíndolles os organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

O artigo 4 do segundo decreto citado fixou a estrutura orgánica básica da Consellería de Economía e Industria. Para os efectos de establecer o marco xurídico-administrativo no que a dita consellería debe desenvolver os seus obxectivos, procede agora establecer a nova estrutura ata o nivel de xefatura de servizo distribuíndo as funcións asignadas dun modo racional para así conferirlle a máxima eficacia no seu exercicio.

A estrutura orgánica que aproba este decreto, asentada en criterios de austeridade e economía, está amparada pola competencia exclusiva que os artigos 148.1º.1 da Constitución española e 27.1º do Estatuto de autonomía de Galicia atribúen á Comunidade Autónoma galega para organizar as súas institucións de goberno e atende aos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación que, de conformidade co disposto no artigo 103.1º do texto fundamental, deben presidir a actuación administrativa.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Economía e Industria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, tras os informes da Consellería de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día xx de xuño de dous mil nove,

DISPOÑO:

Título I

Ámbito competencial e organización xeral da consellería

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Consellería de Economía e Industria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da promoción e dinamización económica, investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas, artesanía, comercio interior e exterior, consumo, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, das infraestruturas dos servizos empresariais do solo industrial, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.

O exercicio das competencias realizarase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións ou departamentos da Xunta de Galicia nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que, para estes efectos, resulten oportunos.

Artigo 2º Órganos directivos.

A Consellería de Economía e Industria estrutúrase, para o desempeño das súas funcións, nos seguintes centros directivos:

1) O/A conselleiro/conselleira.

2) A Secretaría Xeral.

3) A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

4) A Dirección Xeral de Comercio.

5) A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

6) Os órganos periféricos.

Título II

Servizos centrais

Capítulo I

Do/Da conselleiro/conselleira

Artigo 3º O/A conselleiro/conselleira.

O/A conselleiro/conselleira é a superior autoridade da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Capítulo II

Da Secretaría Xeral

Artigo 4º Atribucións.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos da consellería e, en particular:

  1. O asesoramento e coordinación de todos os servizos da consellería.

  2. A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos que se lle soliciten en relación cos asuntos dos que coñezan a consellería ou os organismos autónomos adscritos a ela.

  3. A preparación de métodos de organización interna e sistemas de información para a racionalización e mellora dos sistemas de traballo dos servizos da consellería.

  4. A asesoría técnica, execución, proposta, coordinación e supervisión dos plans de informatización de todos os órganos da consellería e das unidades dependentes dela co fin de automatizar, axilizar e mellorar o seu funcionamento.

  5. A remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisións delegadas.

  6. A análise dos anteproxectos de lei e proxectos de disposicións regulamentarias elaborados por outras consellerías.

  7. A expedición de certificacións dos actos de atribución específica da persoa titular da consellería.

  8. O seguimento da tramitación e rexistro dos convenios, acordos, protocolos e declaracións de intencións subscritos no ámbito competencial da consellería.

  9. A representación da consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.

  10. A actuación como órgano de comunicación con outras consellerías en materias relacionadas coas súas funcións e competencias.

  11. A substitución temporal das persoas titulares das direccións xerais da consellería nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade.

  12. As demais que lle atribúa o ordenamento xurídico vixente e cantas outras lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación da persoa titular da consellería.

Artigo 5º Estrutura.

A Secretaría Xeral estrutúrase, para o exercicio das súas funcións e baixo a superior dirección do conselleiro/conselleira, nas seguintes unidades:

1) Vicesecretaría Xeral.

  1. Servizo de Persoal.

  2. Servizo de Contratación.

  3. Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria.

2) Servizo Técnico-Xurídico.

3) Servizo de Informática.

4) Asesoría Xurídica da consellería.

5) Intervención Delegada.

Artigo 6º A Vicesecretaría Xeral.
  1. A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, terá atribuídas as seguintes funcións:

    1. O estudo, preparación e informe dos asuntos que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia.

    2. A asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral para o estudo e preparación das reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

    3. A coordinación, para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, ou en calquera outro diario oficial, das disposicións e actos administrativos ditados polos distintos órganos da consellería.

    4. O desempeño das funcións que teña encomendadas a consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as que exerza o protectorado.

    5. A xestión dos asuntos relacionados co persoal da consellería, así como o seguimento e control do rexistro de persoal, sen prexuízo das atribucións que correspondan aos órganos da consellería competente en materia de Función Pública.

    6. A elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamento da consellería, o control, seguimento e coordinación da execución económica e mais a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos afectados.

    7. A tramitación dos expedientes de contratación administrativa, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    8. A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    9. A organización, dirección e control do arquivo da consellería.

    10. A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    11. A atención e coidado do réxime interno das dependencias da consellería, así como a administración e conservación dos bens mobles e inmobles que ten adscritos.

    12. O control, coordinación e execución dos proxectos de obra da consellería.

    13. A conservación e mantemento das dependencias e edificios adscritos a consellería.

    14. A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR