Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O Decreto 262/2007, do 20 de decembro, polo que se aprobaron as normas do hábitat galego, pretendía establecer unhas condicións de habitabilidade das vivendas acordes coa evolución da sociedade actual.

Porén, a experiencia dos últimos anos demostra que a súa aplicación práctica supuxo unha serie de problemas e atrancos que aconsellan a reelaboración do dito decreto.

É competencia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establecer as condicións mínimas que deben cumprir as vivendas para seren consideradas habitables. A Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 1989, elaborou por primeira vez uns estándares mínimos de habitabilidade que debían cumprir as vivendas. Estes estándares foron recollidos mediante a aprobación do Decreto 240/1989 no cal se suprimía a obrigatoriedade de obter a cédula de habitabilidade e se establecían as condicións mínimas de habitabilidade que debían reunir as vivendas no ámbito da comunidade autónoma.

O obxectivo da regulamentación en materia de habitabilidade de vivenda é dar resposta a estas exixencias así como ás novas demandas da sociedade e garantir, asemade, que se satisfaga o dereito constitucional que todo cidadán ten a habitar nunha vivenda digna. De feito, as axeitadas condicións das vivendas inciden de forma significativa na calidade de vida dos cidadáns.

Os estándares mínimos que configuran o limiar de habitabilidade deben establecerse atendendo á evolución da sociedade que demanda uns novos modos de habitar as vivendas máis acordes co tempo actual. Estes estándares favorecerán a flexibilidade na configuración das vivendas de xeito que posibiliten a súa variación ao longo da vida útil das vivendas, permitindo dar resposta ás cambiantes necesidades dos seus moradores.

Por outra banda, non se debe esquecer a elevada porcentaxe sobre os recursos de que dispoñen os cidadáns que deben ser destinados á adquisición ou aluguer da súa vivenda. Por estes motivos a lexislación debe buscar un equilibrio entre os limitados recursos e os requisitos que deben cumprir as vivendas. A nova normativa de habitabilidade tenta chegar a este compromiso e por iso se atemperan os estándares de superficies mínimas establecido pola anterior regulamentación.

Aínda que nas vivendas resultan desexables superficies o máis folgadas posible, a normativa debe establecer os requisitos mínimos de habitabilidade das vivendas evitando impor unhas exixencias que excedan as necesidades reais dos futuros ocupantes das vivendas, xa que son estes quen, ao fin e ao cabo, deberán afrontar o custo final do seu sobredimensionamento.

O axuste dos estándares dimensionais mínimos que esta normativa recolle intenta tamén compatibilizalos coas limitacións de superficies máximas establecidas a nivel estatal pola regulamentación de vivendas protexidas, permitindo a flexibilidade precisa para cubrir as necesidades dos cidadáns no relativo a número de dormitorios e características destes.

Sendo conscientes da gran cantidade de nova normativa que nestes últimos tempos foi xurdindo en relación co eido da construción de vivendas, este decreto pretende limitarse estritamente á regulación das exixencias mínimas de habitabilidade, acoutando o seu campo de competencia, e deixando para a normativa sectorial a regulamentación de asuntos que, ben que se consideran de extraordinaria importancia, atópanse fóra do ámbito que unha normativa de habitabilidade de vivendas debe regular. Tal é o caso das exixencias construtivas, reciclaxe de augas residuais, aforro enerxético, protección fronte ás posibles emanacións de gas radon, etc.

Estas cuestións debe regulalas, coa profundidade requirida, a súa propia normativa técnica, existente ou futura, que terá que dar a oportuna resposta aos novos requirimentos en función das posibilidades que a innovación técnica ofreza.

Mención especial merece o tema da relación da normativa de habitabilidade coa lexislación urbanística. Este foi un dos aspectos da normativa anterior que resultou máis cuestionado pola sociedade galega. O proceso de construción das vivendas non se inicia cando se redacta o proxecto dos edificios, senón que comeza xa desde o momento en que se deseña a cidade mediante a redacción do planeamento que establece a súa ordenación detallada. A normativa de habitabilidade non pode establecer determinacións que impidan o desenvolvemento real da ordenación deseñada e aprobada mediante os oportunos instrumentos de planeamento. Por estes motivos elimínanse nesta normativa todos aqueles aspectos que puideran facer inviable a materialización das determinacións establecidas no planeamento urbanístico axeitadamente aprobado.

Por outra banda, é o planeamento urbanístico o que debe establecer, tras a minuciosa análise do territorio e a avaliación das distintas alternativas de ordenación, as condicións dos espazos exteriores en que se inserirán as edificacións residenciais. Polo tanto, correspóndelle ao planeamento urbanístico que estableza a ordenación detallada da área que se vai desenvolver, definir as condicións en que as vivendas deben abrirse aos ditos espazos.

Por estes motivos, esta normativa remítese ao dito planeamento, vixente ou o que vaia ser aprobado no futuro, para regular as condicións de vivenda exterior.

É necesario que a normativa urbanística estableza, para os novos planeamentos que deseñen a ordenación detallada das edificacións que se vaian construír, unhas exixencias que garantan a apertura das estancias das vivendas a espazos exteriores, públicos ou privados, de calidade. As dimensións dos ditos espazos e a separación entre edificacións deberán ser consonte coas alturas e configuración dos edificios que os conforman. Así mesmo, correspóndelle ao planeamento urbanístico, en función das características do territorio sobre o que se proxecta a nova ordenación, determinar as condicións de asollamento que deben ter as edificacións con uso residencial.

Elimínanse desta normativa todas as exixencias relativas á composición arquitectónica e regulamentación de voos que non inciden na habitabilidade das vivendas e cuxa regulación lle corresponde tamén ao planeamento urbanístico.

Resulta evidente que a importancia da rehabilitación de vivendas non fará senón aumentar nos vindeiros anos. Por estes motivos, as administracións públicas deben potenciala e favorecela, non só polo valor que ten como instrumento de preservación do noso rico patrimonio edificado senón tamén por constituír un elemento esencial nas estratexias de sustentabilidade, xa que implica a recuperación e posta en valor dos recursos existentes.

A normativa de habitabilidade non pode entrar en conflito coa conservación do patrimonio nin debe establecer procedementos de control que dificulten ou paralicen os procesos de rehabilitación incrementando os atrancos burocráticos no sempre complicado proceso de obter unha licenza para actuacións que interveñan sobre o patrimonio construído.

Por estes motivos, no campo da rehabilitación de vivendas, flexibilízanse as condicións para compatibilizar os requirimentos de habitabilidade de vivendas cos de protección do patrimonio.

Este decreto reduce as exixencias normativas naqueles aspectos en que a protección do patrimonio debe prevalecer e que anteriormente supoñían a exixencia de recorrer a un complicado e longo proceso de autorización que en moitas ocasións desalentaba os promotores das ditas actuacións, afastándoos da súa intención orixinal de rehabilitar.

Simplifícase tamén o proceso de autorización das excepcións ao cumprimento de determinados aspectos da normativa, potenciando o papel dos concellos para racionalizar e simplificar o procedemento para a obtención das licenzas, garantindo asemade o cumprimento desta normativa.

Para coordinar os criterios sobre excepcionalidade do cumprimento da normativa por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) arbítranse dous procedementos:

O primeiro, no caso de actuacións de rehabilitación en conxuntos históricos ou núcleos rurais, permite aos concellos propor á consellería un documento que estableza excepcións ao cumprimento da normativa de habitabilidade atendendo ás características específicas do conxunto histórico ou núcleo en cuestión. Non se exixe, como se facía na anterior normativa, a elaboración dunha ficha individualizada por edificios que, na práctica, facía inviable a tramitación dun documento similar sen redactar un Plan especial. Esta exixencia da anterior normativa determinou que, desde a súa aprobación, non se tramitara ningún anexo de habitabilidade aos plans especiais en todo o ámbito da Comunidade Autónoma galega.

O segundo procedemento consiste en establecer os mecanismos de supervisión e control das actuacións de excepcionalidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que implican a posibilidade de que o dito...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR