Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Rango de LeyDecreto

O Decreto 79/2009, do 19 de abril, estableceu a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da comunidade autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia, austeridade e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa. Pola súa banda, o Decreto 83/2009, do 21 de abril, fixou a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

A Consellería de Cultura e Turismo é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden as competencias en materia de creación e difusión cultural, patrimonio cultural, os aspectos vinculados á protección do patrimonio cultural da cidade e dos camiños de Santiago, e a promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade.

Estas competencias véñenlle asignadas en virtude do establecido na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de autonomía para Galicia. En concreto, o artigo 32 recolle os principios de defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, que se concretan nos seguintes puntos:

  1. A protección dos camiños de Santiago.

  2. O fomento e promoción da cultura, a contribución ao desenvolvemento do libro, a colaboración na promoción da plástica, a danza, a música e as artes líricas e coreográficas.

  3. A protección do patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico e documental, así como dos arquivos, bibliotecas e museos de interese de Galicia.

  4. A promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade.

Pola súa banda, o Decreto 245/2009, do 30 de abril, regulou a estrutura orgánica, o ambito territorial e as competencias das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, nas que se integran os órganos, unidades e servizos da Administración periférica autonómica. Neste sentido procede reformular a estrutura dos órganos periféricos dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, con estrita suxeición ao establecido no citado decreto coa finalidade de evitar a duplicidade de funcións e de acordo cos principios de racionalidade, eficiencia e austeridade plasmados na dita norma.

Procede, xa que logo, o desenvolvemento da súa estrutura orgánica básica ata o nivel de xefatura de servizo, distribuíndo as funcións de xeito que permita a máxima eficacia e eficiencia no exercicio destas.

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, cos informes previos das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Facenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de xuño de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º Competencias.

A Consellería de Cultura e Turismo é o órgano da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponden as competencias en materia de promoción e difusión da cultura, patrimonio cultural, os aspectos vinculados á protección e promoción do patrimonio cultural de Galicia e da Cidade e dos camiños de Santiago, e a promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade, segundo o establecido no Estatuto de autonomía.

Artigo 2º Órganos.
  1. A Consellería de Cultura e Turismo, para o exercicio das súas competencias e o cumprimento dos seus fins, contará coa seguinte estrutura:

    1. Órganos centrais de dirección:

      1. A/o conselleira/o.

      2. A Secretaría Xeral.

      3. A Secretaría Xeral para o Turismo.

      4. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

      5. A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura.

    2. Órgano de coordinación : o Consello de Dirección.

    3. Órganos periféricos: os departamentos territoriais.

    4. Órganos colexiados.

  2. Queda adscrita á Consellería de Cultura e Turismo, sen prexuízo da súa personalidade xurídica propia, como axencia pública autonómica a Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio.

Artigo 3º A/o conselleira/o.

A/o conselleira/o é a autoridade superior da consellería, e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

Artigo 4º A Secretaría Xeral.

Un. Á Secretaría Xeral correspóndenlle as seguintes funcións:

  1. As sinaladas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro.

  2. O establecemento das bases e directrices da xestión económica e orzamentaria da consellería, así como levar a cabo as actuacións de control e avaliación desta nas distintas unidades e servizos dela dependentes.

  3. A realización de estudos e definición de alternativas dirixidas a mellorar a eficacia e o control de gasto.

  4. As de coordinación sobre planificación, estratexia, deseño, adquisición, implantación, normalización, mantemento e calidade dos sistemas e das tecnoloxías de información da consellería, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

  5. Formular as correspondentes propostas na tramitación contable dos expedientes tramitados con cargo aos orzamentos asinados ao seu centro directivo.

  6. As que lle sexan encomendadas por delegación do titular do departamento.

    Dous. Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

    1. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Administrativa.

    Sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder á Consellería de Facenda, exercerá as seguintes funcións:

  7. A xestión do persoal da consellería.

  8. A coordinación da elaboración do anteproxecto do orzamento, o seu seguimento e control.

  9. A auditoría e avaliación de obxectivos e indicadores da execución orzamentaria.

  10. A coordinación e o impulso dos sistemas de información económica.

  11. A coordinación da información económico-financeira con outras administracións.

  12. A xestión da contratación administrativa, a tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto e proposta de pagamentos.

  13. A organización dos aspectos relacionados co réxime interior.

  14. A proposta das instrucións necesarias e o asesoramento nas ditas materias aos órganos directivos da consellería.

    Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

    1.1. Servizo de Persoal.

    Correspóndenlle a este servizo as funcións de:

  15. A tramitación, organización, custodia e arquivo dos expedientes administrativos, relativos ao persoal funcionario e laboral dependente da consellería.

  16. A xestión e tramitación da nómina do persoal adscrito aos servizos centrais da consellería e a habilitación dos seus pagamentos.

  17. O cumprimento das obrigas en materia de Seguridade Social e dereitos pasivos.

  18. A confección das relacións de postos de traballo e a programación das necesidades de persoal da consellería.

  19. Control de asistencia e puntualidade.

  20. O asesoramento, o estudo e a elaboración de informes nestas materias ademais de aquelas outras actividades que, no seu ámbito de competencia, lle sexan encomendadas.

    1.2. Servizo de Réxime Interior e Xestión Orzamentaria.

    Este servizo desenvolverá as seguintes funcións:

  21. A realización dos traballos preparatorios para a confección do anteproxecto de orzamento da consellería.

  22. A execución, coordinación, seguimento e control do orzamento así como a proposta e xestión das súas modificacións.

  23. A tramitación das solicitudes de autorización para os expedientes de gastos plurianuais que superen os límites previstos na normativa de réxime económico-financeiro.

  24. Estudo e tramitación dos expedientes da consellería que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos, dentro do ámbito da súa competencia.

  25. A coordinación da xestión e recadación de taxas, prezos públicos e outros ingresos, sen prexuízo das competencias da Consellería de Facenda.

  26. O estudo e a tramitación de convenios de colaboración nos que interveña a consellería.

  27. A habilitación de pagamentos, agás os correspondentes a gastos de persoal, dos servizos centrais e a coordinación das habilitacións periféricas.

  28. O réxime interior da consellería.

  29. Aqueloutras actividades que, no seu ámbito de competencia, lle sexan encomendadas.

    1.3. Servizo de Contratación.

    Correspóndenlle a este servizo, ademais daquelas outras actividades que no seu ámbito de competencia lle sexan encomendadas, as funcións de:

  30. A tramitación dos expedientes de contratación da consellería sometidos á normativa reguladora dos contratos do sector público, calquera que sexa o seu tipo ou forma de adxudicación.

  31. O seguimento e control da execución de todos os contratos que non estea expresamente atribuída a outros órganos.

  32. A tramitación económico-administrativa dos convenios de financiamento ou contratos programa con entidades públicas con personalidade xurídica propia, previstos no artigo 45 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2009.

  33. A coordinación, elaboración de propostas de instrucións e fixación de criterios para a mellora e homoxeneización dos procedementos de contratación da consellería.

  34. O impulso e desenvolvemento de ferramentas de xestión na área de contratación para o seu uso xeral e compartido polas distintas unidades e servizos da consellería.

    1.4. Servizo Técnico-Xurídico.

    Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

  35. O estudo e tramitación dos anteproxectos de disposicións de carácter xeral, a elaboración de compilación de normas e a proposta de refundición de normas emanadas da consellería.

  36. O estudo, tramitación e formulación de propostas de resolución dos recursos e reclamacións que debe resolver o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR