Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

A Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, dispón no seu artigo 17 que a Administración autonómica, co fin da conservación do medio natural e do interese público, poderá establecer espazos naturais protexidos no ámbito mariño. Esta disposición non foi desenvolvida por normativa posterior que establecese tipos e requisitos para crear a dita protección sobre zonas en que puidese ser de interese para a pesca a dita figura.

Non obstante, o recoñecemento xenérico que a lei establece sobre ela, en concordancia con outras disposicións da lei sobre a regulación da actividade pesqueira, fai posible delimitar áreas das augas interiores de Galicia, nas cales ao establecerse un réxime de acceso e pesca específico, supón na practica a súa protección. Este mecanismo para a protección é coherente coa finalidade de xestión das pesqueiras que comporta a fórmula de reserva mariña de interese pesqueiro.

Se no plano xurídico a proposta de creación dunha figura de protección para unha zona das augas interiores está plenamente xustificada e amparada, no plano actuarial a súa necesidade xustifícase na situación dos recursos pesqueiros e na viabilidade de cara ao futuro da pesca artesanal, que requiren de novos instrumentos para afrontar os problemas.

O impacto das actuacións humanas no mar, sexa por acción directa da pesca sexa por outros usos, pon en situación de crise tanto os recursos explotados como o conxunto da flora e fauna mariña, alterando de forma significativa o funcionamento dos ecosistemas. Esta afectación pon en cuestión a supervivencia das comunidades de pescadores da nosa costa que ven como cada vez hai menos recursos que pescar e que cada vez é máis difícil facer rendible a súa actividade económica.

As diferentes medidas adoptadas pola administración e os pescadores, aínda que contan con éxitos puntuais non garanten a sustentabilidade da explotación, única maneira de garantir a supervivencia e continuidade das comunidades de pescadores. O cambio das actuais pautas de explotación dos recursos mariños, por modelos que garanten a sustentabilidade da explotación é unha necesidade perentoria que non pode adiarse máis no tempo.

Neste obxectivo da sustentabilidade é preciso poñer en marcha novas ferramentas de xestión que permitan non só recuperar a biomasa dos recursos, senón mellorar a súa estrutura poboacional, incrementar o tamaño medio e a idade dos individuos que a constitúen, contribuíndo así a un mellor funcionamento do ecosistema mariño.

Coherentemente con este obxectivo da sustentabilidade, as novas ferramentas de xestión deben permitir a participación dos pescadores na toma de decisións e o seguimento e control, participación que debe darse desde o inicio do proceso da súa posta en marcha.

Neste contexto nas reservas mariñas de interese pesqueiro, como ferramentas de xestión da actividade pesqueira, concorren todos os elementos enunciados achegando ademais novas oportunidades socioeconómicas no campo do turismo e o lecer que favorecen a diversificación das actividades da comunidade pescadora e a posta en valor do coñecemento dos pescadores e da cultura mariñeira.

Na zona dos Miñarzos, que a Confraría de Pescadores de Lira solicitou que se declarase área marítima protexida, reúnense as condicións biolóxicas e oceanográficas requiridas nunha área desta características, dáse o requisito de participación dos pescadores desde o inicio, en tanto que a solicitude se elabora de acordo cos coñecementos e experiencia dos propios pescadores de Lira, a proposta normativa foi elaborada por un grupo de traballo con participación do sector, e no funcionamento da reserva recóllese a participación dos pescadores no seu órgano de xestión, seguimento e control.

As limitacións da actividade extractiva e a creación de dúas reservas integrais, onde non é posible ningunha actividade pesqueira, garante os obxectivos de recuperación cuantitativa e cualitativa da biomasa e de protección do ecosistema, así como asegura a xeración de novas oportunidades para as actividades de lecer.

A maiores a creación da reserva mariña de interese pesqueiro, encadrada na categoría VI da clasificación da UICN, é un primeiro paso...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR