Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O artigo 6.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro de universidades, establece o procedemento de elaboración e aprobación dos estatutos das universidades, determinando que serán elaborados por aquelas e, logo do seu control de legalidade, aprobados polo Consello de Goberno da Comunidade Autónoma.

A Universidade de Santiago de Compostela presentou ante a Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria o proxecto de novos estatutos, aprobado polo seu Claustro Universitario na sesión ordinaria do 18 de decembro de 2003, para a correspondente aprobación e publicación por parte desta Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, de acordo co disposto no citado artigo 6.2º da Lei orgánica 6/2001, cumpridos os trámites establecidos, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbanse os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela coa redacción que figura no anexo deste decreto, e ordénase a súa publicación.

Artigo 2º

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

ESTATUTOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 1º
  1. A Real Universidade de Santiago de Compostela é unha institución pública dotada de plena personalidade xurídica e patrimonio propio, constituída polos campus de Santiago de Compostela e Lugo, que asume e desenvolve as súas funcións como servizo público esencial á comunidade mediante o estudo, a docencia e a investigación; actividades para as que goza de autonomía, de acordo con estes estatutos e no marco da lexislación vixente.

  2. Como Administración pública vinculada á da comunidade autónoma, correspóndelle á Universidade de Santiago de Compostela, nos termos legalmente establecidos:

  1. A potestade regulamentaria para a elaboración das súas normas de organización e funcionamento e das demais normas de réxime interno.

  2. A potestade de autoorganización.

  3. A potestade sancionadora.

  4. Executividade dos actos e resolucións producidos polos seus órganos de goberno, así como a execución destes.

  5. A potestade de revisión de oficio dos seus actos e acordos.

  6. Equiparación coas prerrogativas procesuais da Administración do Estado e das comunidades autó

    nomas nos procesos xudiciais nos que sexa parte, consonte a lexislación vixente.

  7. Instar conflitos de competencias.

  8. Inalienabilidade, inembargabilidade e, imprescritibilidade dos seus bens de dominio público, así como as potestades de deslinde e recuperación de oficio de todos os seus bens.

  9. Exención tributaria, nos termos previstos na normativa vixente, incluídos impostos, taxas, prezos públicos e demais depósitos establecidos polo Estado, comunidades autónomas ou administracións locais.

  10. Exención de todo tipo de consignacións e depósitos.

  11. Improcedencia de interditos, sempre que se axuste ao procedemento establecido.

Artigo 2º
  1. A Universidade de Santiago de Compostela organizarase de xeito democrático e asegurará a participación dos diferentes sectores da comunidade universitaria no seu goberno, levará a cabo unha decidida defensa da igualdade entre homes e mulleres coa promoción da súa participación igualitaria na toma de decisións, segundo as recomendacións da Unión Europea, e asumirá os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo como inspiradores da vida universitaria.

  2. Dada a existencia dunha comunidade natural e lingüística alén dos límites da actual Comunidade Autónoma de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela recoñeceralles aos galegos da emigración e aos seus fillos os mesmos dereitos ca aos galegos residentes, nos termos recollidos no 3.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

  3. É deber de todos os membros da comunidade universitaria e, en particular, dos seus órganos de goberno, darlles plena efectividade a estes principios e impedir calquera tipo de discriminación.

Artigo 3º
  1. A lingua galega é a lingua propia da Universidade de Santiago de Compostela.

  2. A Universidade de Santiago de Compostela promoverá, no marco das súas competencias, accións que contribúan á normalización e ao desenvolvemento da lingua galega.

Artigo 4º
  1. Son funcións da Universidade de Santiago de Compostela:

    1. A creación, desenvolvemento, transmisión e crítica do coñecemento científico, técnico e artístico, de xeito que se potenciará unha educación baseada nos principios democráticos, a defensa da paz e dos dereitos humanos.

    2. A preparación para o exercicio de actividades profesionais que esixan coñecementos científicos ou artísticos.

    3. A difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico e social.

    4. A difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universitaria e a formación ao longo de toda a vida.

    5. O apoio científico e técnico ao desenvolvemento social, económico e cultural da sociedade galega que a sustenta.

  2. Ademais das funcións básicas do apartado anterior, a Universidade de Santiago de Compostela desenvolverá outras actividades de extensión universitaria, dirixidas a todos os membros da comunidade universitaria e á sociedade en xeral, que terán como finalidade:

    1. Procurar a formación integral dos membros da comunidade universitaria mediante a programación e organización de cursos, conferencias e todo tipo de actividades culturais, recreativas e deportivas que poidan contribuír á mellor realización deste obxectivo.

    2. Potenciar os diversos grupos e asociacións universitarias que desenvolvan actividades estudantís, culturais e deportivas.

    3. Proxectar as funcións e os servizos da universidade ao contorno social.

    4. Atender especialmente á defensa, desenvolvemento e difusión da cultura galega, promovendo as actividades e servizos que contribúan a este fin e mantendo as relacións necesarias coas institucións que teñan o mesmo obxectivo.

  3. Para o mellor desenvolvemento das súas funcións, a Universidade de Santiago de Compostela propiciará o establecemento de relacións con outras universidades, organizacións e institucións, moi en particular coas de carácter académico, científico e cultural, e atenderá dun xeito preferente as que realicen o seu labor en países de cultura galego-portuguesa, hispanoamericana e europea.

  4. A Universidade de Santiago de Compostela, en tanto que Administración pública e para o cumprimento con eficacia e calidade das súas funcións, manterá un compromiso permanente coa protección da saúde da comunidade universitaria, para o que fomentará en todas as súas actividades a prevención dos riscos derivados do traballo.

  5. A Universidade de Santiago de Compostela acollerá un modelo de desenvolvemento sostible baseado no respecto, na preocupación e na conservación do ambiente.

  6. A Universidade de Santiago de Compostela non colaborará no desenvolvemento de proxectos con fins armamentísticos ou bélicos, sen prexuízo do respecto á legalidade vixente.

  7. Para o desenvolvemento destas funcións, a universidade posuirá as competencias que lle atribúe a lexislación vixente, así como aquelas inherentes á autonomía garantida constitucionalmente.

Artigo 5º
  1. A Universidade de Santiago de Compostela baseará a súa actividade na...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR