Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia, no seu punto 23, atribúelle á comunidade autónoma, con carácter exclusivo, competencias en materia de asistencia social.

Con base na referida atribución competencial, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, que ordena e regula os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais definido como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta lei atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia, entre outras competencias, a de establecer a planificación e programación xeral dos servizos sociais no ámbito da comunidade autónoma, a ordenación e coordinación do sistema de servizos sociais, a homologación, rexistro e control de centros e servizos, ademais do estudo das necesidades e problemáticas suscitadas no eido dos servizos sociais, así como a investigación e formación permanente do persoal nesta materia.

Aprobada polas Cortes Xerais, con data 14 de decembro do ano 2006, publícase no Boletín Oficial del Estado nº 299, do 15 de decembro, a Lei 39/2006, do promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. A devandita lei, ditada ao abeiro da competencia exclusiva del Estado prevista no artigo 149.1º 1 da Constitución, veu establecer a regulación das condicións básicas de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia mediante a creación dun Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD); sistema en cuxa implantación e desenvolvemento colaborarán e participarán todas as administracións públicas, especialmente as comunidades autónomas, toda vez que a regulación aprobada incide sobre unha materia, como é a asistencia social, da súa exclusiva competencia, tal e como establece o artigo 148.1.20 da CE.

A finalidade do sistema, configurado na devandita lei como unha rede de utilización pública que integra, de forma coordinada, centros e servizos, públicos e privados, é garantir o acceso das persoas en situación de dependencia, en condicións de igualdade e non discriminación, con independencia do seu lugar de residencia, ás prestacións e servizos establecidos na devandita lei.

En desenvolvemento da Lei 39/2006, o Goberno do Estado aproba, o 20 de abril de 2007, o Real decreto 504/2007 (BOE nº 96, do 21 de abril), que contén o baremo de valoración da situación de dependencia.

Sen prexuízo das competencias que lle son propias, correspóndelles ás comunidades autónomas, no marco do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, entre outras, as funcións de planificación, ordenación, coordinación e dirección, no ámbito do seu territorio, dos servizos de promoción da autonomía persoal e de atención ás persoas en situación de dependencia e a xestión dos servizos e recursos necesarios para a valoración e atención á dependencia. Igualmente, correspóndelles ás comunidades autónomas a avaliación periódica do funcionamento do sistema no seu respectivo territorio.

Á vista do exposto, e de conformidade coas previsións contidas nos artigos 27, 28 e demais concordantes da Lei 39/2006, do 14 de decembro, serán as comunidades autónomas as administracións encargadas de proceder, de conformidade coas previsións establecidas na devandita lei e en aplicación do baremo aprobado mediante o citado Real decreto 504/2007, do 20 de abril, logo de acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia do 23 de marzo de 2007, á valoración e posterior recoñecemento da situación de dependencia.

En consecuencia, e de conformidade coas previsións da Lei 39/2006, do 14 de decembro, as persoas en situación de dependencia terán dereito a acceder, en condicións de igualdade, ás prestacións e servizos previstos na lei, nos termos establecidos nela, para o que deberán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia á Administración da Comunidade Autónoma correspondente á residencia do solicitante.

Para tal efecto, o artigo 28 da Lei 39/2006, establece que os criterios básicos do procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, así como as características comúns do órgano e persoal profesional que procedan ao recoñecemento serán acordados polo Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

Aprobado polo Real decreto 504/2007, do 20 de abril (BOE nº 96, do 21 de abril) o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e acordados polo Consello Territorial citado os criterios básicos do procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, así como as características comúns do órgano e persoal profesional que procedan ao recoñecemento, resulta necesario que a Comunidade Autónoma galega dite a normativa reguladora do procedemento de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de dar cumprida resposta á crecente demanda social.

En consecuencia, este decreto desenvolve, na Comunidade Autónoma de Galicia, as previsións contidas nos artigos 27 e 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, no relativo á regulación do procedemento de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito aos servizos e prestacións económicas do sistema para a autonomía e atención á dependencia, sen prexuízo da súa validez en todo o territorio del Estado.

En virtude do exposto, e facendo uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar, oído o Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.

É obxecto deste decreto regular o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito aos servizos e prestacións económicas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, así como determinar a composición e funcións dos órganos competentes para a súa valoración no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Titulares do dereito ao recoñecemento da situación de dependencia en Galicia.
  1. Terán dereito ao recoñecemento da situación de dependencia en Galicia as persoas que, na data de presentación da solicitude e, de conformidade co previsto no artigo 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e demais normativa de desenvolvemento, reúnan os seguintes requisitos:

    1. Estar en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.

    2. Para as persoas menores de tres anos, estar en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro, e nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

    3. Ter acreditada residencia en territorio español durante cinco anos, dous dos cales deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para as persoas menores de cinco anos o período de residencia exixiráselle a quen exerza a súa garda e custodia.

  2. Para os efectos deste decreto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR