Decreto 205/2007, do 27 de setembro, polo que se regula o dereito á segunda opinión médica no sistema sanitario público galego.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Constitución española, no seu artigo 43 recoñece o dereito á protección da saúde e establece que compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública, a través das medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios. Pola súa banda, o artigo 33.4º do Estatuto de autonomía de Galicia, establece que a Comunidade Autónoma de Galicia poderá organizar e administrar os servizos relacionados coas materias que o mesmo artigo indica -entre as cales se inclúe a sanidade interior- exercendo tamén a tutela das institucións, entidades e fundacións.

Os artigos 9 e 10.2º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, establecen que os poderes públicos informarán os usuarios/as dos servizos do sistema sanitario público dos seus dereitos e obrigas, recollendo expresamente o dereito á información sobre os servizos sanitarios a que se pode acceder, e sobre os requisitos necesarios para o seu uso. Por outra banda, a Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do/a paciente e dos dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica, completa as previsións da Lei xeral de sanidade, facendo fincapé no dereito á autonomía do/a paciente e o seu papel protagonista nas decisións relativas á súa saúde.

O artigo 4 da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, recolle entre os dereitos dos cidadáns o de «dispoñer dunha segunda opinión facultativa sobre o seu proceso, nos termos previstos no artigo 28.1º». Este precepto alude a que as comunidades autónomas garantirán a calidade das prestacións, e as institucións asistenciais facilitarán a segunda opinión médica nos termos que regulamentariamente se establezan.

A Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, establece no seu artigo 133.1º os dereitos dos/as cidadáns/ás, e inclúe tamén na súa letra t) o dereito «a unha segunda opinión médica co obxecto de fortalecer a relación médico-paciente e complementar as posibilidades da atención sanitaria, nos termos que se establezan regulamentariamente».

Por outra banda, as directrices da política sanitaria recentemente aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia inclúen, como plans e proxectos asociados, un plan de implantación de dereitos, dentro do cal se establece a segunda opinión ante situacións graves, e que se realice nun prazo curto; tendo en conta que o exercicio deste dereito debe ser compatible e adecuado á propia distribución dos distintos servizos e prestacións sanitarias dispoñibles a través das áreas e centros asistenciais e demais dispositivos.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Sanidade, de conformidade co ditame nº 300/07 do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e sete de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.
  1. O presente decreto ten por obxecto regular o exercicio do dereito á segunda opinión médica contemplado no artigo 133.1º t) da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia.

  2. Para os efectos do previsto no presente decreto entenderase por «segunda opinión médica» o informe facultativo emitido como consecuencia da solicitude realizada polo usuario/a do sistema sanitario público galego, coa finalidade de contrastar un primeiro diagnóstico completo ou proposta terapéutica e facilitarlle á/ao paciente, se é o caso, maior información para decidir entre as opcións clínicas dispoñibles.

  3. A continuidade de estudos médicos noutro centro sanitario ou a realización de probas ou informes indicados polo facultativo encargado do tratamento non terán a consideración de segunda opinión médica.

Artigo 2º Suxeitos do dereito á segunda opinión.

Garántese o dereito á segunda opinión médica ás/aos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan de tarxeta sanitaria en vigor pertencente á Consellería de Sanidade, en relación cun primeiro diagnóstico ou proposta terapéutica emitidos por un facultativo do sistema sanitario público galego.

Artigo 3º Persoas lexitimadas para pedir a segunda opinión.

O dereito á segunda opinión médica poderano exercer no ámbito do sistema sanitario público galego:

  1. Todos os usuarios/as legalmente capacitados/as e individualmente considerados/as, desde os dezaseis anos de idade.

  2. Cando o/a paciente estea circunstancialmente incapacitado/a para tomar decisións, por criterio do/a médico que presta a asistencia, o dereito corresponderá aos seus familiares ou ás persoas vinculadas de feito a el/ela.

    No caso de familiares, darase preferencia ao...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR