Decreto 167/2003, do 31 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello do Vicedo (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de saneamento, depuración e abastecemento de auga no Vicedo e San Miguel de Negradas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello do Vicedo, en sesión do día vintedous de marzo de dous mil dous, aprobou o proxecto de saneamento, depuración e abastecemento de auga no Vicedo e San Miguel de Negradas, e na sesión do dezaoito de outubro de dous mil dous, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte de xaneiro de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, na actualidade as redes de saneamento efectúan os vertidos sen depurar no núcleo do Vicedo, desencadeándose así mesmo avarías, polo que é necesario diminuír no posible as deficiencias antes expostas dado que poderían

ocasionar problemas de carácter hixiénico e ambiental, e dotar dunha rede de saneamento e sistema de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR