Decreto 50/2001, do 8 de febreiro, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais da Baña, Muxía, Viveiro, Calvos de Randín e Tomiño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que: «o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles para os fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes».

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como os informes favorables da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 21 de xuño de 1996, 26 de outubro de 1998, 25 de outubro e 7 e 30 de novembro de 2000, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de febreiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

  1. Terreo de 7.687 m, no sitio de Cereixe, parcela nº 66 da zona de concentración parcelaria de Lañas, municipio da Baña (A Coruña). Estrema: norte, zona excluída; sur, Generosa Oca Nieto e Gustavo Nieto Guerra; leste, zona excluída e Generosa Oca Nieto; e oeste, camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria.

    Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 742, libro 150, folio 193, predio nº 16.887-N, inscrición 3ª.

  2. Edificio de planta baixa e alta de 100 m por andar asentado sobre un soar de 318 m, no lugar dos Muíños, municipio de Muxía (A Coruña). Estrema: norte, camiño público de seis metros de largo e parede que choe a horta da casa de José Graíño López; sur e oeste, estrada que dos Muíños conduce á estrada xeral da Coruña a Fisterra, pola Pereiriña; leste, camiño de catro metros de ancho e despois parede que pecha a propiedade de Antonio Barros Arosa.

    Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 399, libro 88, folio 212, predio nº 8.357, inscrición 4ª.

  3. Parcela de terreo de vinte metros de fronte por catorce de fondo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR