Decreto 74/2008, do 10 de abril, polo que se desafectan do dominio público inmobles que se sitúan nos concellos de Cerdido, Lugo e Xinzo de Limia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular das antigas casetas de legoeiros en virtude do Real decreto 2708/1983, do 21 de setembro, polo que se modifica o Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, sobre transferencias de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas, que concretamente no seu anexo, epígrafe F) c), establece que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia os bens inmobles afectos ás estradas transferidas, descritos na relación 2.3, especificando parcelas, viveiros, almacéns, casa de legoeiros... anexas ás estradas transferidas.

Consonte o anterior, a Comunidade Autónoma de Galicia ten a titularidade da antiga caseta de legoeiro situada no concello de Cerdido.

Polo Real decreto 2299/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de transporte ou trolebús, transferiuse unha estación de pesaxe en Nadela, Conturiz, Lugo.

A través do Real decreto 244/1985, do 6 de febreiro, sobre traspaso de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de sementes e plantas de viveiro, esta Administración é titular dun soar en Xinzo de Limia.

O artigo 10.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos de lexislación da expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O punto segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, logo de instrución do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e a Consellería do Medio Rural manifestaron a innecesariedade destes bens para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación.

Na súa virtude por proposta do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR