Resolución do 9 de xuño de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de programas de integración laboral destinados a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Secretaría Xeral de Emigración é o órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de política inmigratoria e de retorno en Galicia, competencias que asume en virtude do Decreto 231/2005, do 11 de agosto, que establece a citada secretaría xeral como centro

directivo dependente funcionalmente da Presidencia, e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, (DOG nº 53, do 16 de marzo de 2006). Así ten atribuídas, entre outras competencias, a ordenación e planificación dos programas de atención dirixidos á integración tanto dos inmigrantes como dos emigrantes retornados, así como a xestión das axudas e subvencións destinadas a estes colectivos.

O importante fluxo de retornados e o incremento actual da inmigración en Galicia representan un dos fenómenos socio-económicos, con perfís específicos, que precisarán de especial atención por parte da comunidade. A promoción de políticas de integración social e laboral constitúe un dos piares básicos dunha política integral de inmigración, na que a cooperación entre as distintas administracións e outras institucións interesadas convértese en elemento clave para acordar obxectivos e desenvolver programas e actuacións coherentes que, doutra banda, poden contribuír positivamente ao desenvolvemento social e económico dunha Galicia moderna, plural, emprendedora, dinámica e creativa.

Nesta liña destaca o marco de cooperación para a xestión do fondo de apoio á acollida e a integración de inmigrantes acadado entre o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e as comunidades autónomas, do que a Xunta de Galicia participa e comparte os principios e priorización de eixes e medidas de actuación no ámbito das accións de integración.

A experiencia e formación multicultural e a recoñecida capacidade emprendedora dos nosos emigrantes retornados configúranse como instrumentos para facilitar a inserción social e laboral destes galegos e galegas se desde aquí contribuímos a informar, formar e transferir os coñecementos axeitados. Propoñémonos paliar os déficits específicos de información producidos pola diáspora e abrir novas vías formativas no eido da sociedade do coñecemento que impulsen liñas de acción catalizadoras de novos proxectos que permitan incorporar ao desenvolvemento económico e social de Galicia o valioso capital humano produto do feito estrutural que supón a nosa emigración e construír, así, un presente axeitado aos novos retos do noso país.

Na concepción e execución destas medidas intégranse, como principais premisas, a corresponsabilidade entre administracións e os distintos actores sociais e as persoas migrantes, así como a colaboración activa entre o sector público e a sociedade civil para dinamizar iniciativas e dotar de coherencia as actuacións de ambos os sectores, contribuíndo ao impulso do terceiro sector e a súa capacidade de xestión.

A solicitude, tramitación e concesión de subvencións previstas nesta resolución axustaranse, ademais de ás bases contidas nesta convocatoria, ao

disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, ao artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e ao Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións publicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O financiamento das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo ao crédito do programa 04.50.213A.480.0 que figura na Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Por todo isto e atendendo aos obxectivos expostos e, en todo caso, aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, no exercicio das competencias e facultades que teño atribuídas de acordo co previsto no Decreto 44/2006, do 2 de marzo, e en concreto na súa disposición adicional segunda, sobre desconcentración de competencias nos secretarios xerais da Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1º Obxecto e finalidade da convocatoria.

O obxecto desta resolución é o establecemento de subvencións a asociacións de persoas emigrantes retornadas e inmigrantes e outras entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo seguinte que desenvolvan programas que favorezan a integración laboral destes colectivos migrantes na nosa comunidade autónoma, así como a regulación dos requisitos e as condicións para a súa concesión.

Artigo 2º Entidades e institucións solicitantes.
  1. Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente resolución de convocatoria as asociacións representativas de emigrantes retornados e inmigrantes que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Estar debidamente inscrita, na data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, como asociación sen ánimo de lucro, no rexistro de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

    2. Estar constituída maioritariamente por emigrantes retornados ou inmigrantes.

    3. Ter entre os seus fins estatutarios a atención a emigrantes retornados ou á poboación inmigrante en Galicia e que así conste expresamente nos seus estatutos.

    4. Desenvolver programas que favorezan a integración laboral destes colectivos, segundo o previsto no artigo 3º desta resolución.

    5. Ter xustificado, de ser o caso, e antes do remate do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, outras subvencións concedidas polo departamento de emigración da Xunta de Galicia.

    6. Non incorrer en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións

    enumeradas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

  2. Ademais poderán presentar solicitude de subvención outras asociacións, institucións e entidades sen ánimo de lucro tales como as fundacións e as organizacións sindicais ou empresariais coa excepción de sociedades civís, partidos políticos, universidades, colexios profesionais, corporacións de dereito público e entidades públicas en xeral e outras entidades con análogos fins e natureza que as citadas.

    As citadas institucións deberán cumprir os requisitos previstos no punto 1 anterior, letras d), e) e f), así como estar debidamente inscritas, na data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro oficial correspondente e ter como finalidade instituída por norma estatutaria ou regulamentaria a información, a formación e o apoio orientados á integración socio-laboral de traballadores, abarcando este aos colectivos migrantes.

Artigo 3º Accións subvencionables.

Serán subvencionables a través desta convocatoria as accións de apoio á integración laboral realizadas polas entidades e institucións citadas no artigo 2º dirixidas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR