Decreto 77/2005, do 25 de abril, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorPRESIDENCIA
Rango de LeyDecreto

De acordo co previsto na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia; na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, pola Lei 12/1989, do 4 de outubro, e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro; e na Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, no seu artigo 12, e pola Lei 12/2004, do 7 de decembro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda disolto o Parlamento de Galicia elixido o día vinte e un de outubro de dous mil un.

Artigo 2º

Convócanse eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o día dezanove de xuño de dous mil cinco.

Artigo 3º

En aplicación do artigo 9 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, e pola Lei 12/2004, do 7 de decembro, de eleccións ao Parlamento de Galicia, o número de deputados correspondente a cada circunscrición é o seguinte:

A Coruña: vinte e catro.

Lugo: quince.

Ourense: catorce.

Pontevedra: vinte e dous.

Artigo 4º

A campaña electoral durará quince días; empezará ás cero horas do venres día tres de xuño de dous mil cinco e rematará ás vinte e catro horas do venres día dezasete de xuño de dous mil cinco.

Artigo 5º

Celebradas as eleccións convocadas por este decreto, a cámara resultante reunirase para a súa sesión constitutiva o día dezaoito de xullo de dous mil cinco, ás once horas.

Artigo 6º

As eleccións convocadas por este decreto rexeranse pola Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de

réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 1/1987, do 2 de abril; Lei orgánica 8/1991, do 13 de marzo; Lei orgánica 6/1992, do 2 de novembro; Lei orgánica 13/1994, do 30 de marzo; Lei orgánica 3/1995, do 23 de marzo; Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro; Lei orgánica 1/1997, do 30 de maio; Lei orgánica 3/1998, do 15 de xuño; Lei orgánica 8/1999, do 21 de abril; Lei orgánica 6/2002, do 27 de xuño; Lei orgánica 1/2003, do 10 de marzo, e Lei orgánica...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR