Resolución do 16 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Setex Aparki, S.A. (O.R.A.).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Setex Aparki, S.A. (O.R.A.) (código 2700652), da provincia de Lugo, asinado o día 1 de abril de 2002, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no arti

go 90, números 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de abril de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo para os traballadores da

empresa Setex Aparki, S.A. de Lugo

Ano 2002, 2003 e 2004

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito funcional.

Este convenio regula as relacións laborais entre a empresa Setex Aparki, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º Ámbito xeográfico.

O ámbito xeográfico deste convenio circunscríbese á cidade de Lugo.

Artigo 3º Duración.

O convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 con independencia da súa publicación no BOP e a súa vixencia estenderase ata o 31 de decembro de 2004. Os seus efectos económicos serán desde o 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 4º Denuncia.

Calquera das partes asinantes poderá denuncia-la expiración da vixencia do citado convenio, e deberá facelo cun mínimo de tres meses antes do respectivo vencemento.

A denuncia efectuarase mediante comunicación fidedigna á outra parte e á Dirección Provincial de Traballo.

De non ser denunciado en tempo e forma por ningunha das partes, prorrogarase automaticamente por anualidades naturais, elevando os conceptos económicos na mesma proporción na que o faga o IPC previsto para ese ano máis un punto.

Denunciado o convenio, se as negociacións se estendesen por un período superior á súa vixencia, entenderase prorrogado este ata a entrada en vigor do novo convenio.

Artigo 5º Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral declarase contrario ás disposicións legais vixentes no momento da sinatura do convenio algún dos seus pactos, este quedará nulo na súa totalidade, comprometéndose ambas a negocialo de novo.

Artigo 6º Comisión paritaria.

Co obxecto de velar pola correcta aplicación e cumprimento do contido deste convenio, créase unha comisión mixta paritaria que entenderá de tódalas cuestións relacionadas coa interpretación das normas contidas nel.

A comisión mixta paritaria estará formada por dous traballadores (nomeados polo sindicato máis representativo dentro da empresa) e dous representantes da empresa. Cada parte poderá nomear un asesor, que terá voz pero non voto.

Para que exista acordo, requirirase o voto acorde da metade máis un dos membros da comisión.

Das reunións realizadas pola comisión levantarase acta, na que figurarán as decisións tomadas. As actas deberán ser asinadas pola totalidade de membros asistentes a elas.

A comisión reunirase cando o solicite unha das partes.

Capítulo II

Xornada laboral

Artigo 7º Xornada.

A xornada será de 40 horas semanais.

Artigo 8º Horarios.

As quendas de traballo poderán ser continuadas ou partidas. Naqueles casos nos que se realicen de forma continuada haberá un período de descanso de 30 minutos.

Entre quenda e quenda de traballo terán que transcorrer, como mínimo, 12 horas.

Os días de descanso en cómputo anual serán os mesmos para todo o persoal.

A organización do traballo é competencia da empresa, aínda que os cuadrantes de traballo serán negociados cos representantes legais dos traballadores da empresa.

Artigo 9º Vacacións.

Todo o persoal desfrutará de vacacións retribuídas de 33 días naturais. Aqueles traballadores cunha antigüidade inferior a un ano desfrutarán dos días correspondentes por vacacións de forma proporcional á súa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR