Resolución do 12 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello de Oleiros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o expediente do convenio colectivo do Concello de Oleiros (código convenio 1502992), que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 13-5-2003, complementado o 23-7-2003, subscrito en representación da parte económica polos representantes do concello, e da parte social polos do sindicato CC.OO. o día 23-4-2003, e ratificado polo Pleno da Corporación o 28-4-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,

polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de agosto de 2003.

P.S. (artigo 10 do Decreto 212/2003, do 3 de abril, DOG nº 72, do 11 de abril)

Ramón del Valle López

Secretario provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal laboral

do Concello de Oleiros

Convenio colectivo.

Anexo I: horario.

Anexo II: vestiario.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Representación e lexitimidade.

As partes que concertan este convenio son o Concello de Oleiros e os seus OO.AA., e a central sindical CC.OO. e o comité de empresa do Concello de Oleiros, ó abeiro do establecido na Lei 9/1987 de órganos de representación e Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º Ámbito funcional.

Inclúense expresamente o ente territorial do Concello de Oleiros e os seus OO.AA. dependentes.

Artigo 3º Ámbito persoal.

O convenio aplicarase:

3.1. Integramente a persoal laboral fixo.

3.2. Será tamén de aplicación, en todo aquilo que sexa compatible coa natureza da súa relación de emprego, ó

3.2.

  1. Persoal laboral temporal.

  2. Persoal laboral interino.

Artigo 4º Ámbito temporal, vixencia e denuncia.

4.1. O convenio entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación no BOP, abarcando o seu período de vixencia tres anos, e entenderase prorrogado por anualidades de non existir denuncia dalgunha das partes ata a entrada en vigor do novo convenio que substitúa o anterior trala oportuna negociación.

4.2. As partes asinantes conveñen que o convenio se considerará denunciado cando así se faga con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, co fin de inicia-las negociacións e deliberacións do novo convenio en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

Artigo 5º Obxecto.

O convenio regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo do persoal do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA. dependentes, derrogando tódalas normas iguais ou de inferior rango no que se opoñan ó contido neste convenio.

Artigo 6º Carácter.

O convenio pretende ter un carácter necesario e indivisible para tódolos efectos no sentido de que as condicións pactadas neste constitúen un todo orgánico e unitario.

Artigo 7º Irrenunciabilidade.

Terase por nula e por non feita a renuncia por parte dos/as traballadores/as, de calquera dereito establecido no convenio.

Artigo 8º Aplicación directa e favorable.

As partes asinantes do convenio comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puidesen supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.

Como norma xeral, unha vez aplicado o convenio, e trala consulta á comisión paritaria mixta de control e seguimento, tódalas condicións establecidas no convenio, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade, en canto ó sentido e alcance, terán que ser interpretadas e aplicadas do xeito que resulte máis beneficioso para os traballadores/as, con sometemento pleno á lei e ó dereito.

Artigo 9º Publicidade do convenio.

Con independencia da súa aprobación polo Pleno municipal, será publicado no BOP da Coruña e facilitaráselle unha copia a cada traballador/a del.

Artigo 10º Conflictividade laboral.

As partes asinantes deste convenio comprométense a esgota-la vía de diálogo e negociación antes de adoptaren medidas disciplinarias ou actividades de conflicto laboral.

Capítulo II

Seguimento e control

Artigo 11º Comisión paritaria de control e seguimento.
  1. Constituirase unha comisión paritaria de seguimento e control integrada polos representantes da corporación e do comité de empresa.

  2. A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

    Interpreta-lo texto do convenio en tódolos seus aspectos, cando xurdan dúbidas na súa concreta aplicación.

    A vixilancia e o seguimento do cumprimento do establecido no convenio.

  3. Esta comisión paritaria constituirase ós trinta días do asinamento do convenio, integrada por catro membros. A devandita comisión reunirase por petición de calquera das partes nun prazo máximo de catro días hábiles.

  4. Os acordos da comisión tomaranse por unanimidade. Como norma xeral, tódalas condicións establecidas neste convenio, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto a sentido e alcance, deberanse ter interpretado do xeito que resulte máis beneficioso para o traballador.

  5. A comisión será presidida pola/o alcalde-presidente ou persoa en quen delegue.

  6. O secretario/a será unha persoa designada entre os/as traballadores funcionarios do concello.

    Capítulo III

    Negociación colectiva

Artigo 12º Do dereito á negociación colectiva.

Os empregados/as ó servicio do Concello de Oleiros e dos seus OO.AA. terán dereito á participación na determinación das súas condicións de traballo conforme a lexislación vixente aplicable e no disposto nos seguintes artigos:

A corporación e os membros do comité de empresa comprométense a promove-las condicións que permitan o pleno desenvolvemento da liberdade sindical, recoñecida no artigo 28 da Constitución e na LO 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical. A actividade sindical na Administración rexerase polo título IV da devandita lei e o previsto na Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 13º Mesa xeral de negociación do Concello de Oleiros.

13.1. A mesa de negociación virá constituída e formada por unha representación do concello e os sindicatos máis representativos, e do comité de empresa e xunta de persoal, e será a encargada de renegocia-los futuros e distintos convenios colectivos e acordos, unha vez rematada a vixencia dos anteriores.

13.2. A composición da mesa de negociación será paritaria.

13.3. A mesa de negociación reunirase, como mínimo, unha vez ó ano.

13.4. As decisións tomaranse por maioría da metade máis dous dos compoñentes da mesa.

13.5. Recoméndase a constitución dunha mesa xeral de negociación única para o persoal laboral e funcionario para os efectos sinalados.

Artigo 14º Obxecto da negociación.

Ó abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, e o artigo 85 do Real decreto 1/1995, do 4 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos traballadores, serán obxecto de negociación as seguintes materias:

  1. O incremento de retribucións do persoal nos orzamentos ordinarios anuais da entidade.

  2. A determinación e aplicación das retribucións.

  3. A preparación e o deseño dos programas de oferta de emprego público.

  4. A clasificación de postos de traballo.

  5. A determinación dos programas e fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

  6. Os sistemas de ingreso, provisión e promoción do persoal.

  7. As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

  8. Medidas sobre seguridade e saúde laboral.

  9. As materias de índole económica, de prestación de servicios, sindical, asistencial e, en xeral, cantas outras afecten as condicións de traballo e o ámbito de relacións laborais do persoal e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR