Resolución do 11 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Danzas, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Danzas, S.A., con nº de código 3603722 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-5-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, pola delegada de persoal, en data 29-4-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22

de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo centro de traballo de Mos

(Pontevedra). Anos 2002, 2003 e 2004

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo preliminar.

O contido deste convenio colectivo foi pactado pola dirección da empresa e os representantes dos traballadores. A seguir determínanse as partes concertadoras deste convenio colectivo:

Representación empresarial:

Javier García Cordonie.

Manuel Cano Callejo.

Representación social:

Margarita Gómez Gonzalo (CIG).

Tano Guerra García como asesor sindical (CIG).

Artigo 1º

Ámbito territorial. As disposicións deste convenio serán de aplicación ó centro de traballo que ten a empresa Danzas, S.A. situado en Arrufana-Louredo estrada Os Valos-O Porriño 36415 Mos (Pontevedra).

Ámbito persoal. Este convenio afectará á totalidade dos traballadores, salvo as excepcións contidas no artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Así mesmo, quedarán excluídas voluntariamente e logo de acordo coa empresa as seguintes categorías: capataz, encargado, xefe de tráfico, xefe de negociado e superiores, cando exerzan postos de mando con responsabilidade e persoas ó seu cargo.

Artigo 2º Vixencia e duración.

Este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 2002, e terá unha duración ata o día 31 de decembro de 2004, independentemente da data da súa publicación no BOP.

Artigo 3º Denuncia e prórroga.

A representación da parte que desexe a revisión ou modificación deste convenio deberá efectua-la denuncia por escrito cun mes de antelación á data de caducidade.

Artigo 4º Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán considerados con este carácter.

No suposto de que a autoridade laboral, no exercicio das facultades que lle son propias, non aprobase algún dos artigos do convenio, este quedará sen eficacia e deberase considerar nulo na súa totalidade.

Artigo 5º Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio, estimadas no seu conxunto, absorben e compensan na súa totalidade ás que rexían anteriormente calquera que sexa a súa natureza e orixe.

Artigo 6º Exclusión doutros convenios.

As melloras de condicións de traballo que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afectar ás condicións establecidas neste convenio cando, consideradas en cómputo global, superen as aquí pactadas.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º Organización do traballo.

En todo o referente á organización do traballo, a dirección da empresa actuará de acordo co establecido neste convenio e en relación co artigo 20 do Estatuto dos traballadores e a lexislación vixente en cada momento.

E o persoal executará normalmente o seu traballo habitual baixo as directrices dos seus xefes, sempre dentro dos cometidos propios da súa categoría profesional ou dos afíns do seu grupo profesional.

Artigo 8º Cambio de posto de traballo.

Os traballadores poderán ser ocupados en tarefas ou cometidos distintos ós da súa categoría profesional polos espacios de tempo mínimos en que non teñan traballo nesta categoría, sen que a asignación de tales tarefas ou cometidos poida supor substitución das tarefas propias da categoría que o interesado teña.

Estes cambios ou variacións de posto de traballo por necesidades do servicio faranse sempre respectando a categoría profesional e a retribución total, excepto nos casos daqueles mandos que por dimisión deixarán de percibi-los complementos inherentes ó posto, pasando á categoría profesional que tivesen anteriormente. De todo iso se informará ós representantes dos traballadores e daráselles conta das reclamacións que os interesados interpoñan.

Artigo 9º Traballos de categoría superior.

A empresa poderá dispor que o seu persoal realice traballos de categoría superior a aqueles en que está clasificado, non como ocupación habitual senón en casos excepcionais de necesidade perentoria.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que correspondan á categoría profesional que tivese recoñecida, por un período superior a seis meses durante un ano e oito durante dous anos, pode reclamar ante a dirección da empresa a clasificación profesional adecuada.

Contra a negativa da empresa e logo de informe do comité, ou de se-lo caso dos delegados de persoal, pode reclamar ante a xurisdicción competente.

Cando se desempeñen funcións de categoría superior, pero non procede legal ou convenientemente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 10º Categorías.

As categorías serán as que se relacionan neste artigo. Descríbense as súas funcións no capítulo XI.

Operacións:

Capataz.

Auxiliar almacén operacións.

Mozo especialista.

Auxiliar almacén carretista.

Mozo.

Administración:

Oficial 1ª administrativo.

Oficial 2ª administrativo.

Auxiliar administrativo.

Artigo 11º Ascensos.

Cando a empresa estime conveniente a creación de novos postos de traballo ou categorías, serán cubertas prioritariamente polos traballadores do centro sempre que reúnan as condicións adecuadas.

A partir do cumprimento de tres anos na empresa en situación de indefinido, o traballador deberá ser ascendido automaticamente á categoría seguinte:

Manipulación: mozo a auxiliar almacén carretista.

Administración: auxiliar administrativo a oficial 2ª administrativo.

A empresa convocará as vacantes nas categorías inferiores e as probas de aptitude para os ditos ascensos consistirán en probas culturais, psicotécnicas e prácticas.

O persoal seleccionado será sometido a un período de proba no seu novo posto de traballo de catro meses para tódalas categorías excepto para as de capataz e encargado, que será de seis meses. Unha vez transcorrido este prazo e que o traballo desenvolto fose satisfactorio, adquirirá de forma automática a nova categoría; de non ser así, volverá ó seu posto e categoría anterior.

Se a categoría adquirida supón responsabilidade de mando, o traballador poderá solicitar por escrito á dirección do centro, con copia ó comité de empresa, a súa renuncia con dous meses de antelación; neste caso o traballador adquirirá a categoría da que procedía e perderá tódolos dereitos que teña a categoría á que renuncia.

Ascenderán con efectos de xuño de 2002 da categoría de mozos á categoría de auxiliar almacén carretista os empregados José Antonio Chaparro Barbosa e José Manuel Bastos Crespo.

Igualmente, con efectos de xuño de 2002 da categoría de auxiliar administrativo á categoría de oficial 2ª administrativo os empregados Marta Bastos Martín e Ana María Estévez Lamas.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2003 ascende da categoría de auxiliar almacén carretista á categoría de mozo especialista ós empregados Félix Luis Bastos Martín e Alfredo Darío Estévez Lamas.

Capítulo III

Contido do contrato de traballo

Artigo 12º Forma do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR