Resolución do 8 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Limpiezas Pisuerga Grupo Norte, Limpisa, S.A. (servizo de limpeza no Hospital Nicolás Peña).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Limpiezas Pisuerga Grupo Norte, Limpisa, S.A. (servizo de limpeza no Hospital Nicolás Peña), con número de código 3603851, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-3-2004, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o día 17-2-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24

de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de marzo de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Limpiezas Pisuerga Grupo Norte, Limpisa, S.A. para o servizo de limpeza do Hospital Nicolás Peña

Ano 2004-2005

Artigo 1º Ámbito funcional.

Este convenio afectará a todos os/as traballadores/as do servizo de limpeza do Hospital Nicolás Peña de Vigo.

Artigo 2º Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración de dous anos, desde o día 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2005, sendo revisables e aplicables os salarios establecidos neste convenio en función dos aumentos que se produzan no persoal subalterno do Sergas na dita data.

Entrará en vigor o día da súa sinatura, ben que os seus efectos económicos terán caracter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2004.

Entenderase prorrogada tacitamente por períodos anuais, sempre que por calquera parte non sexa denunciado, con ao menos tres meses de antelación ao seu vencemento ou de calquera das súas prórrogas. Non obstante, a denuncia do convenio non significará modificación ningunha do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Artigo 3º Equiparación.

Os/as traballadores/as afectados por este convenio quedan equiparados ao persoal subalterno do Sergas do grupo E, de tal forma que a partir desta equiparación toda mellora que repercuta no persoal subalterno do Sergas, aplicarase de igual forma aos/ás traballadores/as afectados por este convenio.

Artigo 4º Condicións máis beneficiosas.

Todas as condicións económicas de calquera índole contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos cláusulas ou situacións implantadas por anteriores adxudicatarias que impliquen condicións máis beneficiosas para os/as traballadores/as con respecto ao presente convenio subsistirán para aqueles que o estean desfrutando.

Artigo 5º Retribucións.

As retribucións correspondentes ás distintas categorías afectadas por este convenio faranse efectivas o último día de cada mes. Aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 2004 ao 31 de decembro de 2004, sendo revisadas o día 1 de xaneiro de 2005 cos incrementos que se produzan entre o persoal do Sergas. No caso de que se produza revisión salarial para o persoal do Sergas, será aplicada aos afectados por este convenio na mesma contía.

Artigo 6º Antigüidade.

Os/as traballadores/as fixos comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio, gozarán, como complemento persoal de antigüidade, dun aumento periódico por cada tres anos de servizos prestados na empresa, na contía do 5% por cada trienio sobre o salario base máis o complemento de destino.

Artigo 7º Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as mesmas gratificacións extraordinarias que o persoal subalterno do Sergas segundo os niveis aos que corresponda, con independencia de que o/a traballador/a estea de baixa.

Artigo 8º Complemento de destino.

Todos os/as traballadores/as percibirán por este concepto a mesma cantidade mensual que percibirá o persoal do grupo E do Sergas.

Artigo 9º Complemento específico.

Todos os/as traballadores/as percibirán por este concepto a mesma cantidade mensual que perciba o persoal do grupo E do Sergas.

Artigo 10º Nocturnidade.

Percibiranse por este concepto a cantidade de 64,79 euros semanais no ano 2004 e no ano 2005 terá o mesmo aumento que o resto dos conceptos salariais.

Artigo 11º Cadro de persoal e substitucións.

O cadro de persoal deberá axustarse ao contrato de concesión que otorgue o Sergas, debendo ser os contratados de carácter fixo. Os contratos de traballo das substitucións deberán facerse polo tempo de duración da baixa que se sustitúa ou do período de vacacións que se cubra sendo de aplicación este convenio.

Os traballadores/as en situación de correquendas, terán preferencia por orde de antigüidade e de carácter voluntario, de acordo entre empresa e traballador/a para ocuparen a vacante.

Artigo 12º Xornada laboral.

A xornada laboral será de 37 horas e 30 minutos semanais de traballo efectivo, computándose como tal os 30 minutos de descanso obrigatorio que os/as traballadores/as veñen desfrutando. Na aplicación da xornada respectaranse as melloras existentes que supoñan mellora da xornada pactada.

Artigo 13º Traballo en domingos e festivos.

As condicións de traballo nos ditos días será: 1 domingo ou festivo taballado cobrarase nas mesmas condicións económicas que o fai o persoal subalterno do Sergas. Se se traballa 2 domingos ou festivos, 1 cóbrase e 1 descánsase. De traballarse 3 domingos ou festivos, cobraríanse 2 e descansaríase 1. Así mesmo, de producirse calquera mellora neste aspecto para o persoal do Sergas, os/as traballadores/as afectados por este convenio desfrutarán dela.

Artigo 14º Horas extraordinarias.

Con carácter xeral queda prohibida a realización de horas extraordinarias, e no caso de emerxencia e/ou forza maior, compensaranse con tempo libre.

Artigo 15º Licenzas.

Logo de solicitude dos/as traballadores/as afectados considerarase licenza retribuída polo tempo e nos casos seguintes:

  1. Matrimonio do traballador/a: 20 días naturais.

  2. Matrimonio de pais, fillos ou parentes que convivan co traballador: 2 días laborais.

  3. Parto de esposa ou adopción: 5 días laborais.

  4. Morte, hospitalización, accidente, intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe: 5 días laborais; dos pais: pais políticos e fillos: 5 días laborais; irmáns, irmáns políticos e parentes ata segundo grao de consaguinidade ou afinidade: 3 días laborais; se hai convivencia 5 días laborais.

    Se entre os traballadores/as e os parentes houber convivencia, a licenza sería de 5 días naturais. O mesmo ocorriría se o casamento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producise fóra da localidade.

  5. Todo traballador/a que por orde médica teña que facer calquer tipo de rehabilitación nun centro hospitalario, disporá do tempo necesario, procurando facelo fóra de horas de traballo.

  6. Morte de tío, 2 días naturais. Se houber convivencia entre o traballador e o falecido, a licencia sería de tres días naturais.

  7. Traslado de domicilio, 3 días laborais, se é fóra da localidade, tamén.

  8. Morte de parentes ata o 3º grao, 1 día natural.

  9. Os traballadores/as que cursen estudos para a obtención dun título oficial, académico ou profesional terán dereito polo tempo necesario a un permiso retribuído para concorreren a exames logo de comunicación do traballador/a á dirección da empre

    sa, con 10 días de antelación e a correspondente xustificación.

    As referencias que as alíneas b), c), d), f) e g) deste artigo fan á esposa e cónxuxe respectivamente, entenderase feitos, así mesmo, ao compañeiro/a en situación estable con acreditación da convivencia da dita situación.

    As traballadoras, por lactación dun fillo menor dun ano, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

    Este permiso...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR