DECRETO 182/2013, do 12 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 23.1 da Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2013, dispón que durante o exercicio 2013 non se procederá no sector público autonómico á incorporación de novo persoal, agás a que poida derivar da execución de ofertas de emprego público de exercicios anteriores.

Non obstante, sempre que se respecten as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I, o artigo 23.2 exceptúa da anterior limitación determinados sectores e colectivos de marcado carácter prioritario respecto dos cales a taxa de reposición de efectivos se fixa no 10 %. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma.

Entre estes sectores a lei inclúe o control e loita contra o fraude fiscal, subvencións públicas, asesoramento xurídico, xestión e control da asignación eficiente dos recursos públicos. Para atender estes sectores, a Comunidade Autónoma de Galicia conta con corpos e escalas da Administración xeral.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, aínda que xa se acadou o 2 % dos efectivos totais nesta Administración pública, pero a normativa de función pública permite que a porcentaxe de reserva mínima sexa dun 5 %, esta Administración considera conveniente manter a porcentaxe do 7 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece no anexo I das prazas obxecto desta oferta.

En cumprimento do disposto no número cinco da disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, non serán de aplicación os números 3 e 4 da dita disposición.

O artigo 70 do Estatuto básico do empregado público establece a posibilidade de que a oferta de emprego conteña non só o referente á incorporación de persoal de novo ingreso, senón tamén outras medidas derivadas da planificación de recursos humanos.

Así mesmo, cómpre modificar o anexo I do Decreto 55/2011, do 31 de marzo, polo que respecta á escala de topógrafos do subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, co fin de especificar que unha praza queda reservada para o proceso extraordinario de consolidación de emprego, previsto na disposición transitoria cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia.

O artigo 31.6 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Función Pública de Galicia, establece o procedemento de autorización da oferta de emprego público que corresponde ao Consello da Xunta de Galicia por proposta da consellería competente en materia de función pública.

Pola súa banda, o artigo 33.2 da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintos corpos e escalas da Administración xeral desta comunidade autónoma que afectan o funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 33 da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, así como no artigo 23 da Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2013, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral do ano 2013, e establecer os criterios en que debe enmarcarse esta oferta.

Na súa virtude...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR