Resolución do 15 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Ourol, no concello de Ourol (Lugo), promovido pola empresa Hidroeléctrica del Ourol, S.L.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 26 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Ourol, no concello de Ourol (Lugo), promovido pola empresa Hidroeléctrica del Ourol, S.L., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os sós efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.

As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior

protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.

  1. Ámbito da declaración.

    Esta declaración refírese en exclusiva ao proxecto do Parque Eólico Ourol, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 18 mW de potencia total no concello de Ourol (Lugo), constituído por 22 aeroxeradores Gamesa G-52 de 850 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

    Vértice XVértice Y

    603.0004.825.500

    604.7194.825.500

    605.1094.827.025

    606.0574.828.925

    606.1334.828.981

    606.1954.828.074

    605.7454.827.317

    605.4854.827.177

    605.0624.826.377

    605.0554.826.036

    604.8144.825.793

    604.7824.825.500

    607.7504.825.500

    607.0004.823.000

    603.0004.823.000

    A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle nos planos Estruturas do proxecto. Plano 03 e Gabias. Planta xeral. Plano 04 incluídos, respectivamente, no estudo de impacto ambiental e no proxecto técnico.

    As coordenadas UTM dos 22 aeroxeradores previstos son as seguintes:

    AeroxeradorUTM XUTM Y

    1605.4944.825.474

    2605.2754.825.239

    3605.3084.825.082

    4605.3674.824.936

    5605.1244.824.847

    6605.2874.824.737

    7605.2714.824.562

    8605.1954.824.340

    9605.1584.824.146

    10605.2254.824.004

    11604.9214.823.846

    AeroxeradorUTM XUTM Y

    12604.7884.823.661

    13603.9254.823.627

    14604.8914.823.541

    15605.2724.823.550

    16604.6494.823.456

    17604.8634.823.362

    18604.9754.823.250

    19605.0524.823.116

    20604.4324.823.234

    21604.5854.823.156

    22604.7324.823.082

  2. Condicións xerais.

    2.1. Protección da atmosfera.

    Os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar.

    2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

    Non se afectarán ou serán repostas na súa totalidade, as instalacións de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outra amparada pola lexislación hidráulica que poidan atoparse no trazado das obras.

    A achega das augas das drenaxes á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando ás saídas das drenaxes e nos puntos onde a auga dos foxos se incorpore ao terreo dispositivos protectores e/ou de disipación de enerxía, co fin de evitar fenómenos erosivos, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas aos cursos naturais.

    Realizarase un control do correcto funcionamento dos ditos dispositivos, así como das condicións de incorporación das augas de drenaxe á rede natural, adoptando as medidas correctoras oportunas no caso de producirse os citados fenómenos.

    Non estando previsto na documentación avaliada a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

    2.3. Protección do solo.

    Para a localización da zona de instalacións de obra seleccionarase un emprazamento de baixo valor ambiental, escasa pendente e alonxado de calquera curso de auga ou área de protección arqueolóxica.

    No caso de realizar voaduras, disporanse os medios necesarios (redes, lonas..) para evitar a proxección de fragmentos de rocha ao contorno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en emprazamento autorizado.

    Con carácter xeral, non se efectuarán préstamos na zona, salvo xustificación previa. Nese caso, deberán ter a súa procedencia debidamente acreditada, tendo que restauralos ao finalizar a obra.

    A circulación de vehículos e maquinaria no parque, tanto na fase de obra como na de funcionamento, restrinxirase aos viais e zonas acondicionadas para o efecto.

    No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestrutura ou instalación preexistente debido aos labores de construción do parque, deberá restituírse a súa calidade aos niveis previos ao inicio das obras.

    2.4. Protección da fauna e vexetación.

    2.4.1. Sobre a fauna.

    No caso de instalar pasos canadenses para impedir o paso de gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer ao foxo, que poden consistir, entre outras, nunha...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR