Resolución do 16 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de peiteado en Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

O Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de servizos auxiliares de peiteado, pertencente á familia profesional de imaxe persoal, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan desenvolveranse por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de peiteado en Galicia.

Segundo.-Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de peiteado queda identificado polos seguintes elementos:

-Denominación: peiteado.

-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

-Duración: 580 horas.

-Familia profesional: imaxe persoal.

Terceiro.-Competencia xeral.

Preparar os equipamentos, realizar operacións de atención á clientela, aplicar as técnicas de hi-xiene e acondicionamento capilar, aplicar técnicas de cambio de forma e de cor, e aplicar coidados estéticos básicos de uñas baixo a supervisión do persoal técnico responsable, en condicións óptimas de hixiene e de seguridade.

Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan a seguir:

  1. Recibir cosméticos e materiais propios do salón de peiteado, distribuílos e almacenalos consonte as normas de seguridade e hixiene.

  2. Preparar os equipamentos e os útiles seguindo as pautas de hixiene e de seguridade, antes e despois do seu uso.

  3. Manter as instalacións ordenadas e confortables, tendo en conta o obxectivo de benestar.

  4. Realizar o protocolo de atención á clientela adaptándose ás súas necesidades e ás súas particu-laridades.

  5. Presentar unha imaxe acorde coa profesión e manter os hábitos de hixiene e posturais, coidados estéticos e unha vestimenta axeitada para o desenvolvemento dos procesos.

  6. Integrar con harmonía as súas funcións en coordinación co resto de profesionais do salón de peiteado e asumir o traballo en equipo para lograr un obxectivo común.

  7. Actuar con seguridade na propia capacidade profesional e demostrar afán de superación nas aprendizaxes, para fomentar o propio desenvolvemento profesional.

  8. Manter hábitos requiridos de cortesía, respecto, tolerancia e discreción na atención á clientela e no trato co resto do persoal.

  9. Identificar e relacionar os tipos e o estado do cabelo e do coiro cabeludo.

  10. Realizar destramente as operacións de hixiene e acondicionamento capilar e adaptalas ás características e ás necesidades persoais da clientela.

  11. Identificar os equipamentos, os útiles, os moldes e os cosméticos necesarios para realizar as montaxes de cambios de forma temporais e permanentes, en función do resultado pretendido.

  12. Aplicar técnicas de cambios de forma temporais e permanentes.

  13. Coñecer os cosméticos colorantes e descolorantes, e os seus efectos.

  14. Aplicar as técnicas de coloración e descoloración, controlando a zona de aplicación, os tem-pos de exposición e as medidas de protección da clientela e do persoal.

  15. Aplicar as técnicas básicas de embelecemento das uñas.

  16. Axudar no proceso de control de calidade dos servizos, valorando os procesos desenvolvidos, os resultados obtidos e as melloras posibles.

    Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais incluídas no perfil profesional.

  17. Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

    Servizos auxiliares de peiteado, IMP022_1 (Real decreto 295/2004), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

    -UC0058_1. Preparar os equipamentos e lavar e acondicionar o cabelo e o coiro cabeludo.

    -UC0059_1. Realizar montaxes para os cambios de forma temporais e permanentes e inicio do peiteado.

    -UC0060_1. Aplicar técnicas de cor e descoloración do cabelo.

  18. Cualificacións profesionais incompletas incluídas no perfil:

    Servizos auxiliares de estética, IMP118_1 (Real decreto 1087/2005), do que se inclúe a seguinte unidade de competencia:

    -UC0344_1. Aplicar coidados estéticos básicos nas uñas.

    Sexto.-Contorno profesional.

    1. Ámbito profesional. En xeral, desenvolve a súa actividade profesional por conta allea en empresas pequenas e medianas de peiteado.

    2. Sectores produtivos. Desenvolve a súa actividade en salóns de peiteado, centros capilares, hoteis, balnearios e centros xeriátricos, así como nas artes escénicas.

    3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables:

      -Auxiliar de peiteado.

      -Axudante de manicura e pedicura.

      Sétimo.-Módulos específicos.

    4. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos for-mativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

    5. Son os que se relacionan a seguir:

      -ME0025. Coidados estéticos básicos de uñas.

      -ME0029. Hixiene e asepsia aplicadas ao salón de peiteado.

      -ME0030. Montaxes para cambios de forma e inicio do peiteado.

      -ME0031. Aplicación de cosméticos para os cambios de cor do cabelo.

      -ME0032. Formación en centros de traballo.

      Oitavo.-Espazos e equipamentos.

    6. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

    7. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

    8. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

      Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.

    9. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

    10. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

    11. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

      Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa.

      A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

      Décimo primeiro.-Distribución horaria dos módulos específicos.

      A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

      Disposición derradeira

      Entrada en vigor.

      Esta resolución entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

      Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2008.

      Antonio Vázquez Vázquez

      Director xeral de Formación Profesional

      e Ensinanzas Especiais

      ANEXO I

      Módulos específicos

    12. Módulo específico: coidados estéticos básicos de uñas.

      -Código: ME0025.

      -Duración: 93 horas.

      1.1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

      -RA1. Observa as características das mans e dos pés da clientela, e recoñece alteracións para aplicar as técnicas máis acaídas.

      -CA1.1 Describíronse as anomalías das uñas que requiren a consulta a persoal técnico responsable.

      -CA1.2 Relacionáronse as características morfolóxicas das mans e das uñas para seleccionar a forma final máis adecuada.

      -CA1.3 Formuláronse preguntas tipo que sirvan para detectar as demandas e as necesidades que debe cubrir o servizo.

      -RA2. Prepara a clientela, os equipamentos e os medios, aplicando técnicas específicas de seguri-dade e hixiene.

      -CA2.1 Describiuse a imaxe que debe presentar o persoal axudante de manicura no relativo ao pelo, á vestimenta, aos accesorios e ás condicións de hixiene.

      -CA2.2 Describiuse a posición ergonómica da clientela e do persoal, para realizar as técnicas de manicura e pedicura.

      -CA2.3 Enumeráronse os métodos de hixiene e desinfección aplicados nas técnicas estéticas (lavado, e métodos físicos e químicos).

      -CA2.4 Preparáronse os útiles, os materiais e os produtos aplicando as técnicas de hixiene e desinfección necesarias, en función da súa composición e da súa finalidade.

      -CA2.5 Nun caso práctico, debidamente caracterizado, preparouse a clientela para as técnicas de manicura e pedicura nas condicións necesarias de hixiene e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR