Decreto 226/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Decreto 147/2002, do 11 de abril, estableceu a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais nun momento no que a asunción das súas competencias e a redistribución das xa existentes dentro da consellería facía imprescindible proceder a unha reestructuración.

Con posterioridade, o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, estableceron unha nova repartición competencial entre as consellerías, suprimindo a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e creando a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

Tendo en conta estas variacións estructurais dos diferentes departamentos, é conveniente a integración das modificacións que se precisan efectuar na estructura a través dunha única norma de referencia. Ó tempo aprovéitase para actualiza-las competencias e funcións dos diferentes órganos e unidades administrativas, así como a relación dos órganos colexiados adscritos á consellería.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, cos informes previos das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local é o departamento da Administración da Comunidade Autónoma ó que lle corresponden as competencias e as funcións en materia de apoio á Administración de xustiza, Administración local e interior, con funcións sobre colexios profesionais, policía autonómica, coordinación das policías locais, casinos, xogos e apostas, seguridade, asociacións, espectáculos públicos e protección civil de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española.

Artigo 2º Estructura da consellería.
  1. A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, baixo a superior dirección do seu titular, estructúrase nos seguintes órganos:

    1. O conselleiro.

    2. A Secretaría Xeral.

    3. A Dirección Xeral de Xustiza.

    4. A Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

    5. A Dirección Xeral de Administración Local.

    6. As delegacións provinciais.

    7. Os órganos colexiados adscritos.

  2. A Academia Galega de Seguridade, organismo autónomo de carácter administrativo, queda adscrito organicamente á Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, axustándose, en canto ós fins, á súa estructura orgánica e ó seu funcionamento, ó previsto na Lei de Galicia 4/1992, do 9 de abril, de creación, e demais normas que a desenvolvan.

Artigo 3º O conselleiro.

O conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

Artigo 4º Atribucións da Secretaría Xeral.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e a inspección de centros e organismos dependentes ou adscritos á consellería, as que lle atribúa a normativa en vigor, así como aquelas que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular do departamento.

Artigo 5º Estructura da Secretaría Xeral.

Para o exercicio das súas funcións a Secretaría Xeral estructúrase nas seguintes unidades:

  1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario. A ela correspóndenlle as seguintes funcións:

    1. A xestión do persoal adscrito á consellería, tanto funcionario como laboral, sen prexuízo da competencia da Dirección Xeral de Xustiza con respecto ó persoal da Administración de xustiza.

    2. A confección do borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control.

    3. A xestión dos expedientes de contratación administrativa, segundo as competencias que na materia teña atribuídas o secretario xeral.

    4. Velar pola correcta implantación dos sistemas de informatización dentro da consellería e do sistema de xestión dos procedementos administrativos, así como de tódolos labores inherentes á racionalización administrativa sen prexuízo das competencias nesta materia da Inspección Xeral de Servicios.

    5. Coidar do correcto funcionamento do rexistro xeral da consellería, do arquivo e os restantes aspectos relacionados co réxime interior.

    Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades a nivel orgánico de servicio:

    1.1. Servicio de Xestión Económica e Persoal. Correspóndelle a xestión e o seguimento da materia

    orzamentaria así como as funcións de tramitación dos asuntos do persoal adscrito á consellería, ben sexa de carácter laboral ou funcionario, agás o persoal ó servicio da Administración de xustiza.

    1.2. Servicio de Contratación e Obras. Correspóndelle a xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da consellería, cando se trate de obras, xestión de servicios públicos, subministracións, consultorías e asistencias, ou calquera outra figura contractual análoga, así como os convenios de colaboración con outros entes públicos en materia de investimento. Corresponderalle, así mesmo, o seguimento e control da execución dos contratos.

  2. Da Secretaría Xeral dependerá, de modo directo e inmediato, a seguinte unidade administrativa:

    2.1. Servicio Técnico Xurídico. Correspóndelle o estudio, tramitación e, se é o caso, a elaboración de tódolos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral emanados dos distintos centros directivos da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas dela; o estudio, tramitación e propostas de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións emanadas dos distintos órganos da consellería, cando aquelas non estean atribuídas a outros órganos desta; a elaboración dos estudios e informes que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral, ademais do estudio, preparación e informe dos asuntos que se elevan ó Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos acordos deste; a coordinación, dentro da consellería, da publicación no Diario Oficial de Galicia de tódalas disposicións e actos administrativos dictados polos seus órganos, así como a súa remisión; levar a cabo as funcións que a consellería teña encomendadas sobre as fundacións de interese galego sobre as que exerza o protectorado; executa-las directrices en materia de colexios profesionais, e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

Artigo 6º Unidades con adscrición orgánica.

Integradas organicamente na secretaría xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

  1. Asesoría Xurídica, que depende funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

  2. Intervención Delegada, que depende funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Artigo 7º Atribucións da Dirección Xeral de Xustiza.

A Dirección Xeral de Xustiza exercerá as competencias que lle corresponden estatutariamente á Xunta de Galicia e nos asuntos transferidos nas materias seguintes:

  1. As relacións co poder xudicial, Ministerio de Xustiza e demais institucións relacionadas co ámbito xurisdiccional.

  2. A xestión dos medios materiais dos órganos xudiciais na Comunidade Autónoma.

  3. A proposición das modificacións sobre demarcacións xudiciais.

  4. A participación na fixación das demarcacións territoriais dos rexistros e notarías.

  5. A tramitación dos expedientes de nomeamento de notarios e rexistradores.

  6. A xestión do persoal ó servicio da Administración de xustiza e a súa formación.

  7. A promoción do uso do galego na Administración de xustiza, en colaboración coa a Dirección Xeral de Política Lingüística.

  8. A xestión da asistencia xurídica gratuíta.

Artigo 8º Estructura da Dirección Xeral de Xustiza.

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Xustiza estructúrase nas seguintes unidades:

  1. Subdirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e Recursos Humanos. Á Subdirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e Recursos Humanos correspóndelle, dentro das competencias asumidas pola Xunta de Galicia, executa-las directrices da dirección xeral en materia de persoal ó servicio da Administración de xustiza, así como nas materias relacionadas coa Administración de xustiza e co Consello Xeral do Poder Xudicial que veñan establecidas nas disposicións xerais correspondentes:

    1. En materia de relacións coa Administración de xustiza:

      1. A proposta de convocatoria das prazas vacantes de maxistrados, xuíces e secretarios xudiciais.

      2. A realización dos estudios e informes para elabora-las propostas de modificación de demarcación territorial dos órganos xudiciais na Comunidade Autónoma.

      3. A participación na fixación das demarcacións territoriais dos rexistros da Propiedade e Mercantís, así como das notarías.

      4. A tramitación do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR