Decreto 79/2007, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 115/2004, do 3 de xuño, modificado polo Decreto 247/2004, do 21 de outubro, establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, determinando as competencias de cada un dos seus órganos, así como as funcións que desenvolverán as unidades que os integran.

Co obxectivo básico de impulsar a modernización da xestión económico-financeira da Xunta de Galicia, incidindo no cambio do modelo de xestión cara a unha nova estrutura organizativa de xestión, de análise e de control do gasto público, que posibilite unha acción do goberno compatible cunha política de crecemento e estabilidade económica, procédese, mediante este decreto, a reformular a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda incluíndo novas unidades administrativas no nivel orgánico de subdirección xeral ou de xefatura de servizo, e reorganizar e redistribuír as competencias entre as unidades existentes, así como a adaptación das distintas unidades á nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Créase, na Secretaría Xeral e do Patrimonio, unha nova Subdirección Xeral de Xestión Económica Empresarial que recolle e reorganiza as funcións asignadas ao Servizo de Administración Empresarial, ata o de agora dependente da Subdirección Xeral do Patrimonio, que foron adquirindo peso específico co conseguinte incremento da súa carga de traballo e responsabilidade. O Servizo Galego de Defensa da Competencia pasa a denominarse Subdirección Xeral de Apoio Técnico-Xurídico e Defensa da Competencia, asumindo, ademais das funcións que tiña asignadas en materia de defensa da competencia, a supervisión da actividade do Servizo Técnico-Xurídico, que estará baixo a súa dependencia orgánica. Créase, ademais, o Servizo de Estudos e Estatísticas, para o cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, modificado pola Lei 16/2006, do 27 de decembro, do Plan galego de estatística 2007-2011.

Por outra banda, a nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia establecida polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, obriga a redistribuír as diferentes unidades que integran a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, creando as non previstas no Decreto 115/2004, do 3 de xuño.

Co obxectivo de incrementar a eficiencia e eficacia do ámbito sanitario créanse, con dependencia directa da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, tres postos de interventor/a adxunto/a para a coordinación en control financeiro, que realizarán a análise e o control específico do gasto nos complexos sanitarios máis importantes.

No ámbito tributario, preténdese acrecentar a eficacia na captación dos recursos. Con este obxectivo créase unha Subdirección Xeral de Recadación, que asume e amplía as funcións anteriormente encomendadas ao Servizo Central de Recadación.

Na Dirección Xeral de Orzamentos créase unha Subdirección Xeral de Custos de Persoal coa finalidade de dirixir e coordinar as funcións dos servizos de custos de persoal, así como unha nova Subdirección Xeral de Control Orzamentario do Gasto, coas funcións de seguimento, avaliación e control do gasto público. Redistribúense, ademais, as funcións entre os dous servizos dependentes da Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria, co conseguinte cambio de denominación de ambos.

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo dos informes favorables das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de abril de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Economía e Facenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden as competencias e funcións que en materia de economía e facenda se establecen no Estatuto de autonomía.

Artigo 2º
  1. Para o desempeño das súas funcións, a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia estrutúrase nos seguintes órganos:

    1. Conselleiro/a.

    2. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

    3. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    4. Dirección Xeral de Tributos.

    5. Dirección Xeral de Orzamentos.

    6. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

    7. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

    8. Delegacións territoriais.

    9. Órganos colexiados.

  2. Adscríbense á Consellería de Economía e Facenda as seguintes entidades:

    -O Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo de carácter administrativo, axustarase en canto aos seus fins, estrutura e funcionamento ao previsto na Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia; na Lei 7/1993, do 24 de maio, de modificación da anterior, e nas demais normas que as desenvolven.

    -O Tribunal Galego de Defensa da Competencia, organismo autónomo de carácter administrativo creado pola Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

    -O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ente de dereito público, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, axustarase en canto aos seus fins á Lei da súa creación, 5/1992, do 10 de xuño.

    -O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ente de dereito público creado pola disposición adicional quinta da Lei 2/1998, do 8 de abril.

    -O Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, consultivo, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.

    1. O/A conselleiro/a.

Artigo 3º

O/A conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

  1. A Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Artigo 4º
  1. Á Secretaría Xeral e do Patrimonio correspóndenlle as competencias seguintes:

    1. As establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como aquelas que lle sexan encomendadas por delegación do titular da consellería.

    2. O exercicio das competencias que as normas reguladoras do patrimonio da comunidade autónoma lle atribúen á Consellería de Economía e Facenda.

  2. Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral e do Patrimonio estrutúrase nas seguintes unidades:

    2.1. A Vicesecretaría Xeral Técnica, con nivel orgánico de subdirección xeral, que exercerá as seguintes funcións:

    1. Prestar asistencia ao/á secretario/a xeral e do Patrimonio en cantos asuntos este/a lle encomende para a coordinación dos servizos.

    2. Coordinar a elaboración do anteproxecto de orzamentos da consellería, propoñer as actuacións concernentes ao réxime interno dos servizos da consellería e cantas disposicións afecten o seu funcionamento.

    3. As actuacións en materia de acción social que teña atribuídas a Consellería de Economía e Facenda.

      Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

      2.1.1. O Servizo de Xestión de Persoal, que exercerá as funcións de xestión, control e coordinación de persoal dos servizos centrais e das delegacións da consellería e programará as necesidades do persoal funcionario e non funcionario dela.

      2.1.2. O Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario, que levará a cabo o seguimento e a coordinación da execución orzamentaria e da contratación administrativa.

      2.1.3. O Servizo de Réxime Interior, que será o responsable do funcionamento do rexistro xeral da consellería e o encargado da organización e estruturación da biblioteca e arquivos e, en xeral, de cantos outros asuntos lle sexan encomendados en materia de funcionamento dos servizos.

      2.2. A Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma, que exercerá as seguintes funcións:

    4. A proposta das directrices no tráfico xurídico dos bens patrimoniais da comunidade autónoma e na forma de utilización dos bens de dominio público, así como a coordinación da xestión de todos os asuntos concernentes á administración e ao tráfico dos ditos bens.

    5. O control dos ingresos e rendementos que lle proporcione á comunidade autónoma o seu patrimonio, sen prexuízo das competencias que lles poidan corresponder a outros centros directivos da consellería.

      Para isto contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

      2.2.1. O Servizo Técnico de Inventario, que exercerá as seguintes funcións:

    6. Formación, actualización, valoración e mantemento do inventario xeral de bens e dereitos que integran o patrimonio da comunidade autónoma, establecendo as debidas conexións coa contabilidade patrimonial e o catastro de bens.

    7. Emisión de valoracións, ditames e informes facultativos de natureza mobiliaria ou inmobiliaria.

    8. Tramitación dos expedientes de pagamento do imposto sobre bens inmobles.

    9. Realización de traballos técnicos nos procedementos de investigación e deslindamento dos bens inmobles que integran o patrimonio da comunidade autónoma.

      2.2.2. O Servizo de Investigación Patrimonial e Obras, que exercerá as seguintes funcións:

    10. A realización de traballos facultativos propios das obras de construción, reforma, conservación e reparación dos edificios adscritos á Consellería de Economía e Facenda e daqueloutros que lle encomende a Secretaría Xeral e do Patrimonio; o seguimento e a dirección das obras que realice a Consellería de Economía e Facenda; a recolla periódica de información sobre o parque edificado tanto da que non se dispoña no momento da recepción como daquela xa reflectida que sexa preciso actualizar e, en particular, a referente ao estado de conservación, sistemas de seguridade e axeitamento á normativa vixente dos edificios.

    11. O control e inspección dos usos pola propia Administración dos bens inmobles e dereitos sobre eles, tanto demaniais como patrimoniais, en propiedade ou alugados, adscritos ás diversas consellerías ou organismos públicos; a comprobación do correcto exercicio das facultades de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR