Decreto 194/2003, do 20 de marzo, polo que se aproba a estructura orgánica da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

O pulo da acción exterior de Galicia, nun escenario no que debe reafirmar máis que nunca a súa personalidade e imaxe ante organismos, entidades e autoridades foráneas para a defensa sen reparos dos seus intereses no mundo, aconsella concentrar tódolos recursos e iniciativas na materia nun único centro directivo que dependa funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia polo cualificado das súas intervencións e organicamente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, desagregando ese esforzo do non menos relevante de apoiar, estimular e asistir ás comunidades galegas en todo o que precisen, os seus dereitos son e serán os mesmos que os dos galegos residentes en Galicia por resulta-la condición de galeguidade inherente a todos, sen distinción de ningún tipo.

Deste xeito, a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, que xa desde a súa creación sempre permaneceu adscrita ó presidente, debe asumi-las funcións que viña desempeñando a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, pola súa vez encadrada na Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Así, a eficiencia na xestión dos recursos humanos, orzamentarios e loxísticos desa extinta dirección xeral por parte da agora denominada Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, en consonancia co determinado polo Decreto 22/2003, do 20 de xaneiro, permitirá amplificar máis que proporcionalmente a capacidade de intervención na totalidade das áreas foráneas aludidas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de marzo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

De conformidade co establecido polo Decreto 22/2003, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior quedará baixo a dependencia funcional, directa e inmediata da Presidencia da Xunta de Galicia en tanto que centro directivo de apoio, asistencia e asesoramento ó presidente en tódalas actuacións que, en materia de relacións coa Unión Europea, acción exterior, análise do contorno internacional que incida sobre

as súas competencias e cooperación ó desenvolvemento leve a cabo a Administración autonómica, xestionando ademais os procedementos que desas materias se deriven. A Secretaría Xeral terá rango de dirección xeral e dependerá organicamente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Artigo 2º

A Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior exercerá as seguintes funcións:

  1. A execución da actividade europea e exterior da Xunta de Galicia como órgano de apoio, asistencia e asesoramento ó seu presidente, sen prexuízo das competencias substantivas sectoriais que a cada departamento lle correspondan.

  2. A cooperación institucional e técnica en apoio das actuacións da Administración autonómica en relación co proceso de integración europea, especialmente naquelas materias relacionadas coas políticas rexionais e sectoriais, así como das diferentes organizacións rexionais europeas non comunitarias.

  3. A tramitación das notificacións de axudas públicas e das correspondentes ás actuacións inherentes ás queixas e infraccións comunitarias nas que o Ministerio de Asuntos Exteriores ou a Comisión Europea requiran un único centro notificador e de interlocución.

  4. A representación da Comunidade Autónoma nos órganos de cooperación que sobre as cuestións xerais de integración europea, acción exterior e cooperación ó desenvolvemento existan entre a Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas, sen prexuízo das competencias substantivas doutros órganos autonómicos.

  5. O pulo da coordinación entre os departamentos da Xunta de Galicia para os asuntos relacionados coa Unión Europea e coa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR