Decreto 7/2004, do 8 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 212/2003, do 3 de abril, que establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

O Decreto 212/2003, do 3 de abril, establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais que axustará a súa actuación ós principios de eficacia, desconcentración e racionalización da organización administrativa.

O incremento e a diversificación do número de actividades e actuacións da consellería aconsellan a modificación da súa estructura orgánica coa mesma finalidade de que esta responda, no seu conxunto, ós principios de racionalidade e eficacia no ámbito competencial e de xestión a ela atribuído.

En consecuencia, créase un Servicio de Contratación e Obras dentro da Vicesecretaría Xeral que ten como misión específica contribuír ó reforzamento da área de xestión de contratación e obras da consellería.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, logo dos informes previos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e da Consellería de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícase o artigo 4º.Dous.1 do Decreto 212/2003, do 3 de abril, que establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, que queda redactado como segue:

Artigo 4º

Dous. A Secretaría Xeral, para o exercicio das súas competencias, estructúrase nas seguintes unidades:

1. Vicesecretaría Xeral.

Con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as funcións de prestarlle asistencia ó/á secretario/a xeral en cantos asuntos lle encomende, así como a súa suplencia en caso de enfermidade, ausencia ou vacante.

É a unidade encargada de elabora-lo borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control, a tramitación dos expedientes de gasto, a tramitación e xestión dos expedientes

de contratación, a elaboración do plan de necesidades de obras e equipamentos das distintas unidades e centros da consellería, así como a coordinación da súa execución e velar pola correcta implantación dos sistemas de información dentro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR