Decreto 14/2008, do 7 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, e se establece a estrutura orgánica básica do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyDecreto

Por medio do Decreto 536/2005, do 6 de outubro, foi aprobada a estrutura orgánica da Consellería de Traballo. Esa estrutura foi obxecto de modificación polo Decreto 20/2007, do 22 de febreiro, co fin de facer máis áxil e eficaz a xestión administrativa da consellería.

A entrada en vigor da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, fai necesario modificar a estrutura orgánica da consellería para unha mellor execución e desenvolvemento das competencias e funcións atribuídas a esta.

Por outra banda, a aprobación da Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, fai necesario establecer a estrutura administrativa básica deste, sen prexuízo de que, con posterioridade e conforme o establecido na disposición adicional terceira da lei, se proceda á publicación do seu regulamento orgánico e funcional.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Traballo, logo do informe das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de febreiro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo.

O Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, queda modificado como segue:

Un. Modifícase o punto 2º do artigo 2.

2. Quedan adscritos á Consellería de Traballo o Consello Galego de Relacións Laborais, creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, creado pola Lei 14/2007, do 30 de outubro

.

Dous. Modifícase o punto 3º do artigo 4.dous do punto II. Secretaría Xeral.

3. Subdirección Xeral de Apoio Técnico Xurídico.

Esta unidade terá ao seu cargo:

-O estudo e tramitación das propostas de disposicións de carácter xeral e a elaboración das compilacións e propostas de refundición das normas emanadas polos distintos centros directivos da consellería.

-A preparación e tramitación dos expedientes que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia, as súas comisións delegadas e á Comisión de Secretarios, así como o traslado dos acordos destes órganos.

-A realización de cantas actuacións sexan necesarias respecto das fundacións de interese galego sobre as que a consellería exerza o protectorado.

-A tramitación e a proposta de resolución dos recursos, dos expedientes de responsabilidade patrimonial, de revisión dos actos en vía administrativa e dos expedientes sancionadores cuxa resolución corresponda aos directores xerais, ao conselleiro ou ao Consello da Xunta de Galicia nas materias competencia da consellería.

-A coordinación da publicación de toda clase de disposicións ditadas polos órganos da consellería e entidades adscritas que deban ser publicadas no Diario Oficial de Galicia.

-En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia polo secretario xeral

.

Tres. Engádese un novo punto 4º ao artigo 4.dous do punto II. Secretaría Xeral.

4. Servizo de Igualdade Laboral. Este servicio é o órgano encargado de integrar a dimensión de xénero no ámbito das competencias atribuídas á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR