Decreto 195/2008, do 28 de agosto, polo que se modifica o Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, e o Decreto 202/2005, do 7 de xullo, polo que se crea a clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O incremento das competencias asumidas polas seccións de sanidade ambiental fai necesario adecuar a estrutura organizativa e funcional, separando as áreas funcionais de seguridade alimentaria e sanidade ambiental, que ata agora aparecían integradas nos servizos de protección da saúde das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.

Por outra banda, o Decreto 202/2005, do 7 de xullo, creou a clase de farmacéuticos inspectores de saúde pública, dentro do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, dándolle cumprimento á previsión contida na disposición adicional segunda da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

Este Decreto 202/2005, no seu artigo 3.2º establece que os inspectores farmacéuticos de saúde pública dependerán funcionalmente do servizo de protección da saúde das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade, sen prexuízo da supervisión que sobre eles exerza a Dirección Xeral de Saúde Pública. Ademais, o artigo 6 do mesmo decreto prevé entre as funcións dos servizos de inspección farmacéutica de saúde pública aquelas correspondentes ao eido da seguridade alimentaria.

De conformidade co anterior, resulta conveniente e necesario a eliminación dos Servizos de Protección da Saúde, tal como aparecen no artigo 24.4º do Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, creando no seu lugar os servizos de seguridade alimentaria e de sanidade ambiental, o que implica necesariamente modificar as normas regulamentarias indicadas anteriormente.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de agosto do dous mil oito

DISPOÑO:

Artigo primeiro Modificación do Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

O Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR