Decreto 597/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

Os decretos 211/2005, do 3 de agosto, e 232/2005, do 11 de agosto, establecen a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos seus distintos departamentos, polo que procede, pola súa vez, determinar a estrutura orgánica e funcional da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, adecuándoa ao prescrito nos devanditos decretos e atendendo aos principios de economía, eficacia e racionalización da organización administrativa.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, logo de informe das consellerías da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible é o órgano da Administración da

Comunidade Autónoma de Galicia a que corresponde o exercicio das competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.12º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación, en especial na normativa sobre protección ambiental de Galicia.

Artigo 2º
  1. Para o desempeño das súas funcións a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible estruturase nos seguintes órganos:

    1. O conselleiro.

    2. Secretaría Xeral.

    3. Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

    4. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

    5. Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible.

    6. Delegacións provinciais.

    7. Órganos colexiados.

  2. Están adscritos á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o organismo autónomo Augas de Galicia e o ente público Obras e Servizos Hidráulicos.

    1. O conselleiro.

Artigo 3º

O conselleiro é a superior autoridade da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

  1. Secretaría Xeral.

Artigo 4º
  1. A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, polo que se regulan as funcións das secretarías xerais técnicas das consellerías, así como aquelas que lle sexan delegadas polo titular da consellería.

  2. Dependen directamente da Secretaría Xeral as seguintes unidades:

2.1. Vicesecretaría Xeral.

Con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as seguintes funcións:

  1. Suplencia do secretario xeral no caso de enfermidade, ausencia ou vacante.

  2. Confección dos anteproxectos de orzamentos da consellería.

  3. Elaboración de informes de xestión, tramitación de expedientes de modificación orzamentaria e seguimento e control das contas autorizadas da consellería.

  4. Control da xestión económica dos orzamentos e execución de gasto das diversas unidades da consellería.

  5. Coordinación e, se é o caso, elaboración dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas dos contratos administrativos da consellería.

  6. Tramitación, seguimento e control dos expedientes de contratación.

  7. Seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería.

  8. Coordinación das secretarías das delegacións provinciais en materia de xestión orzamentaria e contratación.

  9. A facultade de proposta nos asuntos da súa competencia.

  10. Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

    Para isto contará coas seguintes unidades co nivel orgánico de servizo:

    2.1.1. Servizo de Xestión Orzamentaria.

    2.1.2. Servizo de Contratación.

    2.2. Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa:

    É a unidade que exercerá as funcións de:

  11. Xestión e administración do persoal funcionario, eventual e laboral.

  12. Xestión económica relativa ao capítulo I.

  13. Seguimento, actualización e arquivo dos expedientes de persoal.

  14. Coordinación administrativa.

  15. Rexistro xeral e información xeral.

  16. Xestión dos plans de formación do persoal da consellería.

  17. Programación das necesidades de persoal.

  18. Elaboración da proposta de relación de postos de traballo da consellería.

  19. Réxime interno de funcionamento.

  20. Xestión e coordinación do parque móbil.

  21. Administración dos sistemas informáticos e redes de voz e datos, incluíndo a súa instalación, mantemento, actualización e atención e formación dos usuarios.

  22. Proposta de novos desenvolvementos, planificación e execución deles e xestión e mantemento dos desenvolvementos en fase de explotación.

  23. Definición e cumprimento das políticas de seguridade e protección de datos.

    ñ) Selección dos materiais e produtos para implantar os cambios tecnolóxicos ao servizo das necesidades emerxentes.

  24. Elaboración e mantemento do sitio web da consellería.

  25. Coordinación das secretarías das delegacións provinciais en materia de persoal, réxime interno e informatización.

  26. A facultade de proposta nos asuntos da súa competencia.

  27. Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

    Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

    2.2.1. Servizo de Persoal e Réxime Interno.

    2.2.2. Servizo de Informática.

    2.3. Subdirección Xeral de Planificación, Estudos e Informes:

    É a unidade que exercerá as seguintes funcións:

  28. Xestión do plan de publicacións e edicións audiovisuais da consellería e as funcións relativas á representación dela na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

  29. Elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos a estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e mellora da xestión dos diferentes procesos administrativos.

  30. Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da consellería.

  31. Elaboración do plan de necesidades de obras e equipamentos das distintas unidades e centros da consellería.

  32. Supervisión e inspección dos proxectos de obra da consellería e a súa execución material, tanto nos supostos de adxudicación como nos de execución pola Administración.

  33. Asistencia técnica e administrativa á Secretaría Xeral en todos os asuntos que lle sexan encomendados polo seu titular, elaborando para ese efecto, os estudos, informes e propostas que correspondan.

  34. Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

    Para o desenvolvemento das súas funcións contará coa seguinte unidade:

    2.3.1. Servizo de Supervisión, Inspección de Proxectos, Obras e Servizos.

    2.4. Baixo a dependencia directa, orgánica e funcional da Secretaría Xeral existe a seguinte unidade con nivel orgánico de servizo:

    2.4.1. Servizo Técnico Xurídico, coas funcións de:

  35. Informe e tramitación de todos os proxectos de disposición de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería, das recompilacións e refundicións de normas.

  36. Preparación e informe dos asuntos que se elevarán ao Consello da Xunta de Galicia e ás comisións delegadas e o traslado dos seus acordos, así como informe sobre os recursos presentados contra os actos administrativos emanados da consellería.

  37. Coordinación das actuacións da consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales esta exerza o protectorado, levando para ese efecto os libros de rexistro.

  38. Rexistro e arquivo das disposicións legais emanadas da consellería, así como levar a cabo as recompilacións e refundicións das normas emanadas desta.

  39. Tramitación dos expedientes de responsabilidade patrimonial, unha vez rematada a súa instrución.

  40. Coordinación dos servizos técnico-xurídicos das delegacións provinciais.

  41. Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

    2.5. Integradas organicamente na Secretaría Xeral e con nivel orgánico de Subdirección Xeral, existirán as seguintes unidades:

    2.5.1. Asesoría Xurídica.

    2.5.2...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR