Decreto 99/2006, do 15 de xuño, polo que se regula a planificación, estrutura, organización e funcionamento da formación permanente do profesorado dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 2/2006, de educación, do 3 de maio, no seu título III, capítulos III e IV, referidos á formación e ao recoñecemento, apoio e valoración do profesorado, e nos artigos 102, 103 e 105, establece que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros. Así mesmo, establece que as administracións educativas planificarán as actividades de formación do profesorado, garantirán unha oferta diversificada e gratuíta e promoverán as medidas oportunas para favorecer a participación do profesorado nelas.

O Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica de Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, recolle, nos seus artigos 5 e 6, a competencia das direccións xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais na planificación e desenvolvemento da formación permanente do profesorado.

A organización, planificación, xestión e avaliación da formación permanente do profesorado está regulada polo Decreto 245/1999, do 29 de xullo.

A experiencia acumulada ao longo dos cinco anos de implantación da estrutura definida polo Decreto 245/1999, apoiada pola análise da situación que se dá noutras comunidades autónomas e tamén nos países do contorno próximo, aconsellan a introdución de modificacións nas actuais estruturas de formación permanente do profesorado. Estas modificacións aféctanlle á distribución xeográfica das estruturas de formación e ao seu regulamento, ao perfil das persoas asesoras, ás áreas de intervención e ao papel que desempeñan as entidades colaboradoras.

Trátase, polo tanto, de establecer unha formación continua sensible ás necesidades do profesorado, ás demandas sociais e ás recomendacións dos organismos internacionais, aberta á colaboración con institucións académicas e outras de recoñecido prestixio e valor no ámbito educativo, inserida no contorno sociocultural e lingüístico e suxeita aos procesos avaliativos que garantan a súa calidade e favorezan a súa mellora continua.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, consultado o Consello Escolar de Galicia, oído o Consello Consultivo de Galicia e logo da deli

beración do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xuño de dous mil seis,

DISPOÑO:

Capítulo I

Obxecto, definición e ámbito de aplicación

Artigo 1º Obxecto e definición.
  1. O presente decreto ten por obxecto regular a planificación, estrutura, organización e funcionamento da formación permanente do profesorado dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.

  2. Concíbese a formación permanente como un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade da Administración pública e dos propios centros. A Administración educativa planificará as actividades de formación do profesorado, garantirá unha oferta diversificada e gratuíta destas actividades e establecerá as medidas oportunas para favorecer a participación do profesorado nelas.

  3. A finalidade da formación permanente é a de promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, concibindo a formación do profesorado como un deber e un dereito que a Administración educativa debe garantir a todo o profesorado.

Artigo 2º Ámbito de aplicación.

O presente decreto aplicarase á formación permanente do profesorado de educación infantil, educación primaria, educación secundaria, formación profesional, educación de adultos e ensinanzas de réxime especial dos centros educativos sostidos con fondos públicos.

Capítulo II

Planificación da formación permanente

do profesorado

Artigo 3º Planificación da formación.

A planificación da formación permanente do profesorado realizarase a través:

  1. Do Plan Marco da Formación Permanente do Profesorado en Galicia.

  2. Dos plans trianuais de formación permanente do profesorado.

  3. Dos plans anuais de formación do profesorado.

  4. Dos plans de formación dos centros de formación e recursos.

Artigo 4º O Plan Marco da Formación Permanente do Profesorado en Galicia.
  1. As accións de formación permanente do profesorado planificaranse de acordo co que se estableza no Plan Marco da Formación Permanente do Profesorado en Galicia.

  2. Este plan, que atenderá as directrices fixadas no Plan Xeral de Normalización Lingüística, comprenderá un conxunto de principios, programas específicos e orientacións para a formación permanente do profesorado, entre os que se incluirá o principio de igualdade e non-discriminación entre mulleres e homes. Os programas de formación permanente

    deberán contemplar a adecuación dos coñecementos e métodos á evolución das ciencias e das didácticas específicas, así como todos aqueles aspectos de coordinación, orientación, titoría, atención educativa á diversidade e organización encamiñados a mellorar a calidade do ensino e o funcionamento dos centros.

  3. A duración do Plan Marco non será superior a seis anos e será aprobado pola conselleira ou conselleiro de educación.

Artigo 5º Os plans trianuais de formación permanente do profesorado.
  1. Os plans trianuais deberán reflectir os obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación que servirán de referente para a formación permanente do profesorado durante un período de tres anos.

  2. Estes plans desenvolverán os programas específicos que estableza o Plan Marco e darán resposta ás necesidades de formación que presente o profesorado para o logro das súas competencias profesionais.

  3. Os plans trianuais serán aprobados polas direccións xerais competentes en formación permanente do profesorado.

Artigo 6º O Plan Anual de Formación do Profesorado.
  1. O plan anual será a concreción dos plans trianuais para cada curso escolar e abarcará o conxunto de actuacións que as direccións xerais determinen sobre formación permanente do profesorado. Este plan incluirá as accións específicas dirixidas ao profesorado de formación profesional.

  2. Neste plan incluiranse os plans elaborados por cada un dos centros de formación e recursos.

  3. Os plans anuais serán aprobados polas direccións xerais competentes en formación permanente do profesorado.

Artigo 7º Os plans de formación dos centros de formación e recursos.
  1. Comprenderán a concreción dos plans trianuais para cada curso escolar en cada un dos centros de formación e recursos.

  2. Para a súa elaboración teranse en conta as necesidades de formación detectadas polos órganos competentes na formación permanente, as propostas realizadas polo profesorado, os principios establecidos no Plan Marco e as prioridades e directrices elaboradas polas direccións xerais das que depende a formación permanente do profesorado.

  3. Serán aprobados polos consellos de formación de cada centro de formación e recursos e, posteriormente, polas direccións xerais competentes en formación permanente do profesorado.

Artigo 8º Colaboración con outras institucións.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá establecer, nas condicións que se determinen, canles de colaboración en materia de formación do profesorado con outras institucións.

Capítulo III

Avaliación e rexistro da formación

permanente do profesorado

Artigo 9º A avaliación dos plans de formación e a da súa repercusión no sistema educativo.
  1. A finalidade da avaliación da formación permanente será analizar e contrastar os procesos e resultados obtidos no desenvolvemento da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR