Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A través do Decreto 231/2005, do 11 de agosto, establecéronse os órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, dispoñéndose que en prol dunha maior economía e eficacia e dada a súa importancia, determinadas áreas de competencia quedaran adscritas á Presidencia. Ademais, razóns de seguridade xurídica aconsellan a aprobación dun texto único que regule conxuntamente e de forma unitaria a estrutura orgánica e correspondentes funcións da Presidencia da Xunta.

Procede, polo tanto, desenvolver esta estrutura orgánica superior ata o nivel de xefatura de servizo distribuíndo as funcións que ten asignadas dun xeito que permita o seu exercicio coa máxima eficacia. Neste último aspecto cómpre destacar que polo presente decreto, de acordo co principio constitucional de desconcentración administrativa, procédese a desconcentrar nas secretarías xerais determinadas funcións o cal contribúe a unha maior celeridade da tramitación dos procedementos administrativos.

Non obstante, e tendo en conta que os órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia dependen organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, esta exercerá respecto deles todas as competencias en materia de persoal.

En consecuencia, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificado pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e o seu presidente, co informe previo das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, por propuesta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dos de marzo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Estrutura básica.

Dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, os seguintes órganos superiores:

  1. Secretaría Xeral da Presidencia. Ao dito órgano adscríbense a Asesoría Xurídica, con nivel orgánico de dirección xeral, e a Dirección Xeral do Gabinete da Presidencia.

  2. Secretaría Xeral de Análise e Proxección

  3. Secretaría Xeral de Comunicación. Ao dito órgano adscríbese a Compañía de Radiotelevisión de Galicia e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

  4. Secretaría Xeral de Relacións Exteriores. Ao dito órgano adscríbense a Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

  5. Secretaría Xeral de Emigración

  6. Secretaría Xeral de Política Lingüística

Artigo 2º A Secretaría Xeral da Presidencia.
  1. A Secretaría Xeral da Presidencia configúrase como órgano superior da Administración autonómica en materia de apoio e asesoramento técnico á Presidencia da Xunta de Galicia, correspondéndolle a realización das seguintes funcións:

    1. Prestar asistencia técnica, apoio e asesoramento ao presidente da Xunta de Galicia en todo o que a requira.

    2. Exercer a coordinación dos órganos adscritos á Secretaría Xeral da Presidencia, sinalados no artigo único, epígrafe 1 do Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos da Presidencia da Xunta de Galicia.

    3. A coordinación da elaboración dos orzamentos da Presidencia da Xunta.

    4. O control da xestión do persoal da Presidencia da Xunta nos termos establecidos neste decreto.

    5. As funcións de réxime interior e asuntos xerais da Secretaría Xeral da Presidencia.

    6. As funcións ordinarias de despacho que lle son propias, así como as que lle sexan delegadas polo presidente da Xunta.

    7. A dirección das actividades do Departamento de Protocolo e Relacións Públicas da Presidencia da Xunta.

    8. A elevación e defensa dos asuntos da Presidencia da Xunta na Comisión de Secretarios e o apoio ao presidente no sometemento daqueles ao Consello da Xunta.

    9. Compilar, elaborar e informatizar a documentación e información dirixida ao presidente polos distintos órganos da Administración autonómica e demais entes e organismos públicos e privados.

    10. A coordinación dos asuntos administrativos xerais da Presidencia da Xunta, que así o precisen.

    11. A tramitación das publicacións das secretarías ante a Comisión Permanente de Publicacións da Xunta de Galicia.

    12. A inspección das unidades, servizos e centros dependentes ou adscritos á Secretaría Xeral da Presidencia, sen prexuízo das competencias que lle correspondan a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

    13. As funcións recollidas nas disposicións adicionais deste decreto.

  2. A Secretaría Xeral da Presidencia poderá reclamar da Vicepresidencia, das consellerías, e do resto dos órganos superiores da Xunta de Galicia, cantos informes, datos e documentos considere precisos para o exercicio das funcións que ten encomendadas.

  3. Para o cumprimento das súas funcións, a Secretaría Xeral da Presidencia estrutúrase nas seguintes unidades:

    3.1. Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación administrativa, a que lle corresponden as seguintes funcións:

    1. Prestar asistencia técnica e administrativa ao secretario xeral en todo o que a requira.

    2. A elaboración, por requirimento do secretario xeral, de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos a estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión dos diferentes procedementos administrativos.

    3. O asesoramento e realización de estudos e informes de carácter técnico nas materias competencia do departamento, que lle sexan encomendadas polo secretario xeral.

    4. A xestión do persoal adscrito á Presidencia da Xunta.

    5. Programar as necesidades de persoal, en colaboración coas distintas secretarías xerais da Presidencia.

    6. O réxime interior, a asistencia técnica, a coordinación administrativa do sistema de xestión de procedementos administrativos e as outras funcións de contido administrativo que lle atribúa o secretario xeral.

    7. A elaboración do anteproxecto de orzamentos de gastos da Secretaría Xeral da Presidencia, así como o seguimento e control da súa execución.

    8. A tramitación da remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou as comisións delegadas, así como a das disposicións e actos administrativos que se deban publicar no Diario Oficial de Galicia ou en calquera outro diario oficial.

    9. A coordinación, o seguimento e control da contratación administrativa da Secretaría Xeral da Presidencia.

    10. As demais funcións que lle encomende o secretario xeral.

      Para o desenvolvemento das súas funcións contará coa seguinte unidade administrativa co nivel orgánico de servizo:

      3.1.1. Servizo de Persoal e Asuntos Xerais.

      Son funcións deste servizo:

    11. A habilitación de pagamentos relativos ao capítulo I respecto a todo o persoal adscrito á Presidencia da Xunta de Galicia.

    12. A tramitación dos expedientes administrativos relativos a todo o persoal da Presidencia da Xunta de Galicia, non atribuídas a cada secretaría xeral.

    13. Elaborar a proposta de relacións de postos de traballo das secretarías xerais da Presidencia, en colaboración con estas.

    14. O control de asistencia e puntualidade do persoal da Secretaría Xeral da Presidencia.

    15. A tramitación dos expedientes de contratación que sexan competencia da Secretaría Xeral da Presidencia.

    16. Xestión de investimentos, compras, subministracións e servizos da Secretaría Xeral.

    17. O seguimento e a execución da xestión do orzamento de gastos da Secretaría Xeral da Presidencia, efectuando os trámites económico e administrativos dos expedientes de gastos e as propostas de pagamento, así como a elaboración e tramitación das modificacións orzamentarias.

    18. A habilitación xeral de pagamentos da Secretaría Xeral da Presidencia.

    19. A remisión ao Diario Oficial de Galicia, e demais diarios ou boletíns oficiais das disposicións ou actos da Secretaría Xeral da Presidencia.

      3.2. Departamento de Protocolo e Relacións Públicas.

      Exercerá as seguintes funcións:

    20. Elaborar e executar os programas das actividades do presidente da Xunta, de conformidade coas instrucións e criterios que lle sexan establecidos pola Secretaría Xeral da Presidencia.

    21. O desenvolvemento, a coordinación e a supervisión das actividades e funcionamento dos servizos de protocolo, cerimonial e relacións públicas da Presidencia da Xunta, realizando as xestións necesarias para a boa organización das viaxes e misións oficiais que o presidente efectúe tanto dentro de España coma no estranxeiro.

    22. As relacións en materia de protocolo, coa Administración Xeral do Estado e coas demais administracións públicas.

      Os restantes órganos e servizos competentes en materia de protocolo e cerimonial da Xunta de Galicia colaborarán co Departamento de Protocolo e Relacións Públicas da Presidencia da Xunta de Galicia.

      O Departamento de Protocolo e Relacións Públicas proverase con persoal eventual.

      3.3. Queda adscrita á Secretaría Xeral da Presidencia a Casa de Galicia en Madrid, sen prexuízo da coordinación cos demais departamentos da Xunta de Galicia na programación das actividades que se poidan desenvolver nela.

      3.4. Dependendo organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

      3.4.1. Asesoría Xurídica, funcional e xerarquicamente dependente da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica, terá as funcións que determina o artigo

      13.2º do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

      3.4.2. Intervención Delegada.

  4. Están adscritos á Secretaría Xeral da Presidencia con nivel orgánico de dirección xeral os seguintes órganos:

    4.1. Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

    A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR