Decreto 47/2007, do 15 de marzo, polo que se modifica o Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O Decreto 517/2005, do 6 de outubro, veu desenvolver a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar prevista no artigo 1 do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, modificado polos Decretos 332/2005, do 18 de agosto e 454/2005, do 1 de setembro.

O artigo 4 do Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, regula, no seu punto 2, as unidades administrativas coas que conta a Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais para o exercicio das súas funcións. Entre as referidas unidades regúlase a Subdirección Xeral de Contratación e Control, da que depende, entre outros, o Servizo de Supervisión de Proxectos.

Desde a entrada en vigor do Decreto 517/2005, do 6 de outubro, as tarefas desenvolvidas polo Servizo de Supervisión de Proxectos foron adquirindo progresivamente un peso específico dentro da Subdirección Xeral de Contratación e Control, polo que este servizo veu asumindo paulatinamente unha maior carga de traballo e, conseguintemente, unha maior responsabilidade. Ademais, as necesidades administrativas actuais determinan a conveniencia de lle atribuírlle á unidade encargada da supervisión de proxectos novas funcións.

En virtude do exposto, considérase conveniente crear unha nova unidade administrativa, con nivel de subdirección xeral, dentro da Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais, que asuma a realización das tarefas relacionadas coa supervisión de proxectos.

En consecuencia, por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, co informe previo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do artigo 4 do Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
  1. Suprímese o punto 2.2.3. do artigo 4 do Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, en que se regula o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR