Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

A través do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Posteriormente, a través do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, modificado polos decretos 332/2005, do 18 de agosto e 454/2005, do 1 de setembro, fixouse a estrutura orgánica dos seus departamentos. No artigo 1º da citada norma estableceuse a estrutura orgánica básica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a cal se desenvolve agora a través deste decreto.

De acordo co anterior, faise necesario acomodar esta estrutura ata o nivel de xefatura de servizo, distribuíndo as funcións asignadas dun xeito racional, para así conferir a máxima eficacia no exercicio delas.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, co informe previo das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de outubro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar é o departamento da Administración autonómica ao que, ademais daquelas competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, lle corresponde o exercicio, como propias, das competencias e funcións en materia de relacións institucionais da Xunta e da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, as políticas autonómicas, de igualdade de xénero e as políticas autonómicas de benestar, incluíndo as políticas de xuventude, solidariedade, voluntariado, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, atención aos discapacitados e ás persoas maiores, na forma establecida no presente decreto.

Artigo 2º Estrutura básica.
  1. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, para o desempeño das súas funcións, contará coa seguinte estrutura orgánica:

    1. O/a vicepresidente/a.

    2. A Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais.

    3. A Secretaría Xeral da Igualdade.

    4. A Secretaría Xeral do Benestar. Ao dito órgano adscríbense a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e a Dirección Xeral de Acción Social.

    5. As delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar.

  2. Da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar depende o organismo autónomo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller que se adscribe á Secretaría Xeral da Igualdade.

Artigo 3º O/a vicepresidente/a da Igualdade e do Benestar.

O/a vicepresidente/a é a autoridade superior da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e, con tal carácter, está investido/a das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro. Ademais substituirá o presidente nos supostos previstos legalmente e exercerá as funcións que este lle delegue de conformidade co artigo 33 da referida lei.

Artigo 4º A Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais.
  1. Á Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais, órgano superior con dependencia xerárquica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, correspóndenlle as seguintes funcións:

    1. Exercer a coordinación xeral do conxunto das políticas da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a coordinación de todos os seus órganos.

    2. Exercer as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a inspección dos servizos e dos centros e organismos dependentes ou adscritos a ela, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a coordinación das publicacións editadas pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, así como as funcións relativas á xestión do programa estatístico anual do dito departamento considerada no Plan Galego de Estatística sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística, así como aquelas que lle sexan encomendadas por delegación do titular do departamento.

    3. Se é o caso, participar nos procesos de reforma estatutaria nas accións e decisións que atinxen ás relacións institucionais coa Administración xeral do Estado e o Goberno do Estado, en coordinación con outros órganos da Administración autonómica.

    4. Exercer a secretaría da representación da Comunidade Autónoma de Galicia na Comisión Mixta de Transferencias.

    5. Exercer a secretaría da representación da Comunidade Autónoma de Galicia nas comisións bilaterais de cooperación entre a Administración xeral do Estado e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que sexan creadas para todos os efectos.

    6. O rexistro dos convenios que sexan autorizados polo Consello da Xunta de Galicia e os que outorguen os departamentos da Xunta de Galicia, organismos autónomos e entes de dereito público da Administración autonómica.

    7. Coordinar a elaboración da documentación que os departamentos da Xunta de Galicia realicen para as relacións con outras administracións públicas. De xeito especial, aquela documentación que sexa de especial interese para Galicia e que deba ser tratada coa Administración xeral do Estado e outras comunidades autónomas.

    8. Representar a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar naqueles supostos en que lle sexa encomendado polo seu titular.

    9. Representar a Comunidade Autónoma de Galicia naqueles foros en que sexa necesaria a súa presenza e non estea de antemán estipulado o departamento que debe asistir en razón da materia que se vai tratar, cando así sexa acordado polo Consello da Xunta de Galicia.

  2. Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais conta coas seguintes unidades administrativas:

    2.1. Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación.

    Esta unidade administrativa exercerá as funcións de xestión de persoal, réxime interno, asistencia técnico-xurídica, coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos e outras de contido administrativo que lle atribúa o secretario/a xeral e de Relacións Institucionais, así como a súa suplencia en caso de enfermidade, ausencia ou vacante.

    Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servizo:

    2.1.1. Servizo de Persoal e Réxime Interno.

    Correspóndelle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

    1. A ordenación e o control da xestión de todo o persoal da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, sen prexuízo da competencia doutros órganos e unidades e, en especial, a xestión e administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito ás súas dependencias centrais.

    2. A formulación das propostas relativas ás relacións de postos de traballo de todo o persoal funcionario e laboral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

    3. O mantemento e actualización da base de datos de persoal funcionario e laboral e a organización, custodia e o arquivo dos seus expedientes.

    4. A xestión dos plans de formación do persoal que presta os seus servizos no ámbito da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

    5. A xestión e a tramitación da nómina de persoal adscrito aos servizos centrais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

    6. O cumprimento das obrigas da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar en materia de Seguridade Social e dereitos pasivos.

    7. O estudo, seguimento e control da execución do estado de gastos en materia orzamentaria do capítulo I da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a elaboración das propostas de modificación de crédito.

    8. O control da asistencia e puntualidade do persoal do departamento.

    9. A coordinación das secretarías das delegacións provinciais en materia de persoal.

      2.1.2. Servizo Técnico Xurídico.

      Correspóndelle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

    10. O estudo e a tramitación de todos os anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral emanados dos distintos órganos superiores e centros directivos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, así como levar a cabo as compilacións e propoñer as refundicións das normas emanadas desta.

    11. O estudo, tramitación e proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións emanados dos distintos órganos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, cando non lles estean atribuídos a outros órganos daquela.

    12. O estudo, preparación e informe dos asuntos que, logo do paso pola Comisión de Secretarios Xerais, se eleven ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos acordos desta.

    13. A coordinación para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos que o precisen ditados polos órganos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

    14. Levar a cabo as funcións que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar teña encomendadas sobre as fundacións de interese galego sobre as cales exerza o protectorado.

    15. A tramitación de expedientes sobre cuestións demaniais ou patrimoniais, en canto sexa competencia da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

    16. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia polo secretario/a Xeral e de Relacións Institucionais.

      2.1.3. Servizo de Recursos e Reclamacións de persoal.

      Correspóndelle a este servizo o exercicio das seguintes funcións:

    17. O estudo, a tramitación e formulación das propostas de resolución...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR